O historiador López Bernárdez ingresa na Academia de Belas Artes
A Real Academia Galega de Belas Artes elixiu ao historiador da arte Carlos López Bernárdez novo académico numerario da sección de expertos nas artes. A votación celebrouse o pasado sábado nunha sesión da Academia celebrada no Auditorio Municipal de Ribeira. López Bernárdez ingresará nos vindeiros meses como académico de número da institución, cubrindo a praza, polo seu pasamento, de Ana Goy Diz.
Carlos López Bernárdez (Vigo, 1958) é historiador da arte e foi profesor de Lingua e Literatura Galegas ata a súa xubilación en 2018. É ensaísta de temas literarios e artísticos e comisario de exposicións, con especial dedicación ao estudo da vangarda histórica galega.
O seu traballo no ámbito da análise cultural mantén dúas liñas fundamentais, unha dedicada aos estudos de literatura galega,e unha segunda centrada no campo da historia da arte.
- El momento Eddahchouri
- Condenado un hombre en A Coruña que afeitó las cejas y cortó el pelo a su pareja mientras dormía para denigrarla
- Estos son los nombres de pila prohibidos en España: el Ministerio de Justicia los cambiará sin consultar
- EN DIRECTO | RC Deportivo - UD Almería
- Derriba con su coche dos farolas en la tercera ronda y se da a la fuga
- Trey Thompkins: «Le dije a Heurtel que si venía al Leyma, también podía ayudarse a sí mismo»
- El Concello de A Coruña cederá cuatro parcelas a la Xunta para vivienda de promoción pública
- Juan Carlos Real: «Pude volver al Deportivo y no se dio, pero el recuerdo es maravilloso»