Entrevista | Senén Barro Experto en Intelixencia Artificial e director do Citius
«Cando chegou a calculadora houbo mestres que a rexeitaron, como a IA»
«Hai que facer cambios no sistema educativo desde os poderes»

Senén Barro
Patricia Casteleiro
Que os alumnos usen a Intelixencia Artificial para facer os deberes ou preparar traballos xa non é ningunha rareza. ChatGPT e ferramentas similares están plenamente integradas nas técnicas de estudo de cada alumno. Quizais o seu excesivo uso suscite preocupación, pero o experto en IA e director do Citius, Senén Barro, anima a sentarse e preguntar. Leva case corenta anos no sector e recoñece que o impacto da IA medrou a un ritmo vertixinoso, impactando en áreas fundamentais. Como científico preocúpalle estudar o seu alcance, é un deber porque, ao final, todo é produto da ensinanza.
A IA está presente no día a día do alumnado, deben os profesores adaptarse a eles ou é mellor que sigan cos mesmos métodos de ensino?
A Intelixencia Artificial non é nova. Recordo cando as calculadoras chegaron ás aulas, eu era un neno. Daquela, percibín que a algúns mestres lles preocupaba porque pensaban que, dalgún modo, eses aparellos ían facer por nós os cálculos que nos mandaban cada día (e que levaban horas), e a súa única preocupación pasou a ser como facer para que non as empregásemos. Pero, houbo outros profesores, para min os bos, que tendo en conta que había calculadoras que podían resolver a parte máis reiterativa, centráronse en como analizar e abordar un problema. Iso, mutatis mutandis, é exactamente igual agora. A nosa preocupación debe ser que os mestres sexan capaces de integrar todo este tipo de ferramentas no proceso de ensino e aprendizaxe, para que os estudantes poidan aprender máis, máis rápido e mellor.
É viable deixalo unicamente nas mans dos adolescentes?
Se facemos iso, é posible que as usen mal e para resolver aquelo que lles costa traballo ou non saben ben como abordar. Estas ferramentas poden suplantarte e, cando aínda es inmaturo e estás aprendendo, substitúan a aprendizaxe. É un problema, pero non é responsabilidade da tecnoloxía.
Teñen que formarse os adultos en IA?
Entre os país e nais, hai quen pode facelo e hai quen non. O sistema non pode esixir que teñan os recursos económicos ou o tempo como para formarse, porque estaríamos amplificando desigualdades. Os profesores e todo o que rodea ás universidades públicas temos que estar formados permanentemente, non só nas nosas disciplinas, senón tamén nas ferramentas que impregnan o noso traballo. Cando os nosos estudantes saian da universidade, necesariamente as súas empresas van pedir que sexan solventes no seu uso.
Podemos pedirlle a un profesor con costumes analóxicas, preto da idade de xubilación, que aprenda a empregar as IA? Sería realista?
Non é moito pedir. Unha das cousas máis singulares e positivas que estamos vivindo coa Intelixencia Artificial é que se está universalizando o seu uso pola facilidade. Suponse que todos os que somos profesores temos unha titulación universitaria e unha formación específica para ser docentes. É certo que a idade tamén importa, pero máis alá dos casos singulares, de forma ordinaria todos deberiamos ter capacidades de integrar estas tecnoloxías polo fáciles que son hoxe de usar.
Teñen que buscarse a vida?
Non, o que non pode facer o sistema educativo é deixarnos sós no proceso. Non se pode pretender que aprendan a usar as ferramentas para poder ensinar de forma autodidacta e en horario extraescolar. Hai que facer cambios moi significativos no sistema educativo e teñen que vir desde a administración. Os poderes públicos son os primeiros que deben asumir a responsabilidade: son os tomadores de decisións e os que teñen os recursos.
As tarefas deixan de ter sentido? Como vai mudar a ensinanza na escola?
Hai que tomarse isto en serio e hai que comezar facendo un cambio que non pode ser drástico, porque non podería ser asimilado. Ten que ir cuns obxectivos que son a medio e longo prazo, que xa supoñan cambios. O primeiro é cambiar a forma de formar aos formadores.
Algún organismo público ou administración consultoulle como experto?
Hai persoas que piden a miña opinión ou me invitan a dar charlas, pero terían que chamar a un equipo de expertos no ámbito educativo. O resultado tería que ser unha toma de decisión e un plan para levalas adiante.
Como pode aproveirtarse a IA nunha clase?
Eu xa a estou usando. Pídolle aos meus alumnos presentacións orais sobre IA en temas que nos afectan no día a día. Desde hai un par de anos, pídolles que integren este uso de ferramentas desde un punto de vista crítico. Hai outras como valorar se as respostas son boas ou malas e como as matizarían; podes usalas para descargarte da parte menos produtiva, coma é buscar bibliografía (non de facer o texto); traducir…. Hai infinidade, habería que ir escribindo un catálogo de boas prácticas.
Suscríbete para seguir leyendo
- Así empezó Zara: las primeras dependientas reviven la tienda donde nació el imperio
- Una librera de A Coruña estalla tras sufrir la estafa de este autor: 'Non vas ver un céntimo
- El Concello de A Coruña detecta 'daños estructurales' en la pasarela entre las estaciones
- Esta es la línea de bus que más emplean los jóvenes de A Coruña, y no es la de Marineda
- Cooperativistas de Xuxán: «Este es un modelo fallido, somos prestamistas de la Xunta»
- Así eran los escaparates de Zara en los inicios del imperio Inditex: Gallinas vivas y el niño que salió corriendo con un conejo
- Las primeras trabajadoras idearon el nombre de Zara para aprovechar un rótulo ya fabricado
- En riesgo el resto de la temporada para Yeremay Hernández en el Deportivo