Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Anpas Galegas reclama ser parte do Pacto pola Lingua

Censura non ser convocada para integrar a comisión que se dedicará ao ámbito educativo

Santiago

A Confederación Anpas Galegas esíxelle á Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude formar parte das comisións do Pacto pola Lingua, cuxos traballos arrancaron a semana pasada. Esta confederación de asociacións de nais e pais reivindicou onte que foi una das entidades propostas por A Mesa pola Normalización Lingüística para integrar a comisión dedicada ao ámbito educativo. Porén, censura, non foi convocada, o que, denuncian, «deixa constancia expresa da falta de compromiso e seriedade» da Xunta ante a actual situación de «emerxencia lingüística».

Os representantes de A Mesa abandonaron a semana pasada a sesión constitutiva dos grupos de traballo que buscan ese pacto para, entre outros obxectivos, renovar o Plan Xeral de Normalización Lingüística, ao entender que houbo «imposición» da Xunta en canto aos encargados da tarefa.

Tracking Pixel Contents