O EmigraSon inicia a súa terceira edición con gaitas no Parlamento Europeo
O festival para os galegos en Bruxelas esgotou as 1.200 entradas | Fillas de Cassandra, Tanxugueiras, De Ninghures e Terbutalina no seu derradeiro concerto
víctor p. currás
Unha vitoria sen aínda saír a xogar o partido. O Festival EmigraSon colgou o cartel de “non hai billetes” antes de comezar a súa terceira edición, que terá lugar esta fin de semana en Bruxelas. O evento organizado pola comunidade galega na capital belga supera así as expectativas máis optimistas ao esgotar as 1.200 entradas dispoñibles para a sala La Madeleine. Esta cifra supón multiplicar por tres a acadada hai doce meses en La Tricoterie e un milleiro máis que no debut no 2023 en Embassy.
Deste xeito combínanse o éxito e ruxe-ruxe dos anos anteriores cun cartel de primeira liña. As viguesas Fillas de Cassandra recuncarán no evento da man de Tanxugueiras e De Ninghures, completando os concertos deste sábado o derradeiro da carreira de Terbutalina. O grupo de Esteiro despídese despois de 15 anos nos escenario, lanzando o pasado mes o tema Bicos a modo de agradecemento.
Porén, a gran festa da cultura galega para os emigrados comezou este venres. Pola noite tivo lugar a xa tradicional foliada de benvida no Centre Culturel d’Uccle, nunha das comunas da capital belga. Desta vez a música chegará da man da formación de fillos de emigrantes Lume de Biqueira e un clásico das verbenas galegas como a Duendeneta. As preto de 400 entradas para este primeiro acto tamén se esgotaron en cuestión de días.
Antes, a ampla expedición de artistas de divulgadores galegos comezou a xornada cun pasarrúas e gaitas a cargo de Lume de Biqueira cara o Parlamento Europeo. Alí foron recibidos polos tres deputados do país: Nicolás González (PSdeG), Ana Miranda (BNG) e Francisco Millán-Mon (PPdG), que se sumou este ano aos seus compañeiros de hemiciclo.
- Esta era la playa favorita de Jesús Vázquez durante su infancia: a media hora de A Coruña
- La residencia de Eirís, financiada por Amancio Ortega, abrirá a final de año
- El Concello de A Coruña prepara 'una serie de conciertos' en Riazor en 2026 como 'despedida antes de las obras' por el Mundial
- Gonzalo Castro: 'Hay una posición muy negativa de la propiedad del Deportivo que no había en 2022
- El Deportivo, atento al mecanismo de solidaridad por Álvaro Carreras: hasta 375.000 euros extra
- Fallece una mujer y otra resulta herida al ser atropelladas por una furgoneta de reparto de pan
- La mastectomía endoscópica se afianza en el Chuac de A Coruña: «Es mucho menos invasiva»
- Abre Spark81 en A Coruña: el primer espacio de juegos inmersivos en Galicia