Os xestores culturais galegos volven suspender ás administracións públicas
Segundo o ‘Barómetro da cultura galega 2024’ presentado en Santiago, o Estado ten a peor valoración, seguido do Goberno autonómico e os concellos e deputacións provinciais
rodrigo paz
Os xestores culturais galegos «volven suspender a actuación das diferentes administracións públicas». Así o reflicte o Barómetro da cultura galega centrado no pasado 2024, estudo que realiza o Consello da Cultura Galega desde 2021 para medir o estado e a evolución da activida de cultural da nosa comunidade e que presentou no día de onte, en Santiago de Compostela, a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, e o responsable do barómetro, Håkan Casares.
O estudo, que recolleu datos de 976 empresas, profesionais, departamentos de cultura das administracións públicas e entidades culturais do terceiro sector entre o 20 de xaneiro e o 28 de febreiro de 2025, destaca que a administración estatal recibe a peor puntuación, con 3,21 puntos. Asimesmo, suspenden a administración autonómica (4,28 puntos) e os concellos e deputacións provinciais (4,54 puntos), as únicas administracións, estas últimas, que melloran en valoracións. «Non se aprecian grandes cambios —con respecto a anteriores Barómetros da cultura galega—. A administración estatal e autonómica baixan un pouco e a local experimenta unha mellora mínima», sinalou Casares, responsable deste informe.
O Barómetro da cultura galega, que en palabras de Casares busca «ser útil» para «que as entidades culturais poidan tomar decisións estratéxicas», tamén salienta que 2024 foi un ano de «crecemento moderado» para a cultura galega. «O 39% das entidades consultadas, catro de cada dez, consideran que o ano foi igual que o ano anterior. Un 37% cre que foi mellor ou moito mellor e un 21% que foi peor. Á inmensa maioría de entidades, o ano foilles igual ou mellor», resumiu Casares, que engadiu que, pese a este «contexto positivo», 2024 rexistrou «valores inferiores aos anos 2021 e 2022».
O barómetro establece que entre as entidades que tiveron un «ano positivo» atópanse os museos, aquelas organizacións que desenvolven actividades relacionadas co patrimonio cultural, a educación cultural, os departamentos de cultura das administracións; e, con algo de distancia, as artes gráficas, as bibliotecas e arquivos, a música e o audiovisual.
Tamén na parte positiva, pero por debaixo da media, se sitúan o teatro, a danza, os espectáculos e as actividades auxiliares das artes escénicas. Pola contra, no plano negativo, están as artes visuais —que nesta nova edición do Barómetro da cultura galega se separan doutras actividades relacionadas—, as publicacións periódicas e o comercio de libros, que acumulan dous exercicios en declive. «Temos indicadores de que aumenta a edición de libros e as vendas. As familias compran máis libros. Iso non significa que ás librarías galegas ou ás librarías que se atopan na mostra lles vaia mellor. Existen moitas canles para comprar libros. Nós o que vemos no barómetro é que as librarías físicas ás que preguntamos levan dous anos de exercicios negativos. Vemos que lle baixan os seus ingresos e que suben os prezos. Están vendendo máis caro e en menor cantidade. Iso podería ser unha explicación pero haberá máis causas», indicou Casares.
De feito, o estudo revela que oito de cada dez entidades «notaron un incremento dos prezos das materias e servizos que precisan». Uns custos que, segundo as previsións, anteriores á guerra comercial desatada por Donald Trump, «se irán moderando» e «non van crecer tanto como en anos anteriores». «Pese a estas alzas, a maioría das entidades culturais trata de manter os prezos dos seus productos e servizos», asegurou Casares.
- La coruñesa Rosa rompe su silencio y denuncia lo que está pasando en 'Pasapalabra': 'No eres consciente
- El 'Caribe Gallego' está a solo una hora de A Coruña: 'poco conocida' y con un paseo marítimo que merece la pena recorrer
- Así es el mercadillo más popular cerca de A Coruña: cada sábado desde hace más de 40 años
- Futuros inquilinos de pisos sociales de Xuxán renuncian por la subida de cuotas
- Los móviles de los vecinos de A Coruña y Arteixo recibirán una alerta general en caso de grandes emergencias en Agrela
- Los cinco locales de A Coruña que puedes reservar gratis para celebraciones privadas
- El Mesón O Bo de A Coruña renace como el nuevo Fogar do Santiso
- «Nos dijeron que si pagábamos 290 euros nos encontrarían un piso en A Coruña, y nada»