Alberto Pombo e Manuel Rivas, galardoados co Losada Diéguez

Alberto Pombo. |  Xerais

Alberto Pombo. | Xerais

A Coruña

Manuel Rivas, coa obra Tras do ceo, e Alberto Pombo con Verso e accorde. Relacións entre a literatura galega e a música pop (1950-2000), ambas editadas por Xerais foron galardoados co Premio Losada Diéguez.

De Tras do ceo valorou o xurado a calidade literaria e lingüística dunha novela que, recuperando elementos xa clásicos na produción do autor, constrúe un universo narrativo absolutamente actual, pois pon o foco no choque entre a natureza e unha civilización que se revela como destrutora do hábitat que nos fai seres humanos. De Verso e acorde. Relacións entre a literatura galega e a música pop (1950-2000), destacou a súa sinalada contribución ao coñecemento da «outra música», necesario contrapunto ao fulgor da música tradicional, reflectido na dedicación do Día das Letras Galegas 2025 ás Cantareiras.

Tracking Pixel Contents