Nerea Pallares gaña o García Barros cunha obra ambientada en Camariñas

R. S.

A Coruña

Con grandes doses de entusiasmo e profundo convencemento de estaren ante unha proposta literaria «refrescante, poderosa, pousada e brillante», os integrantes do xurado do XXXVII Premio de Novela Manuel García Barros deron a coñecer onte o nome da autora que se sumará a nómina de gañadores deste prestixioso galardón, impulsado polo Concello da Estrada coa colaboración de Editorial Galaxia. Trátase de Nerea Pallares Vilar, que presentou ao certame a novela baixo o lema Das arañas brancas.

O fallo do xurado (Noelia Gómez Calvo, Eulalia Agrelo Costas, Marcos Sánchez Calveiro, Armando Requeixo Cuba e Carlos Loureiro Rodríguez, como secretario) refírese á obra coma «unha novela coral ambientada en Camariñas, que entrelaza realismo social, memoria colectiva e elementos mitolóxicos para relatar a rebelión das mulleres dun pobo mariñeiro».

Tracking Pixel Contents