CPR Mª INMACULADA (MARÍN) » Debuxo 3º e 4º de primaria
Baixo as estrelas da Vía Láctea
A obra de Francisco Sánchez une os elementos clave dun peregrino cunha novidade no ceo

Francisco Sánchez recolle o premio polo debuxo ‘Caminando por el cielo estrellado’, vencendor na categoría de debuxo. / Alba Villar
B. C.
¿Sabías que o Camiño de Santiago tamén se coñece como o Camiño das Estrelas?
Segundo algunhas fontes, a súa orixe está na equiparación do Camiño de Santiago coa liña esbrancuxada de estrelas que forma o brazo da Vía Láctea visible dende a Terra e que, como a Ruta Xacobea, semella estar orientada na dirección leste-oeste.
A maiores, unha antiga lenda conta que a Vía Láctea sinalaba o lugar onde estaban os restos do Apóstolo Santiago.
Tamén se di que os peregrinos, dende hai séculos, se orientaban seguindo esa banda de luz no ceo, que marca o camiño cara ao oeste e servía de guía natural nas noites despexadas.
O espírito da viaxe

'Caminando por el cielo estrellado', debuxo de Francisco Sánchez. / FdV
Francisco Sánchez Brea, alumno de 3º e 4º de Educación Primaria no CPR Mª Inmaculada de Marín, escolleu ese título para o seu debuxo, onde representa a un peregrino visto de costas, avanzando polo camiño cunha mochila cargada de detalles: botas, unha cociña portátil, unha cuncha, mapas, sinais e mesmo un bordón.
A súa obra é colorida, simpática e chea de elementos que contan como é a experiencia de facer o Camiño: o que se leva, o que se atopa e o que se ve. O bordón serve de apoio, a mochila leva o imprescindible e a frecha amarela sinala a ruta, como antes o facía o ceo estrelado.
Un debuxo que resume, con sentido do humor e moita atención ao detalle, o espírito da viaxe: avanzar paso a paso, ben equipados, e con Compostela sempre no horizonte.
- Ikea rebaja por primera vez su armario más vendido: tres puertas y perfecto para espacios reducidos
- La Xunta derribó dos construcciones ilegales en 2024 en la comarca coruñesa
- Esta es la profesión real de Manu fuera de Pasapalabra
- “El valor fundamental del diseño es resolver problemas”
- Los 8 hábitos que indican que serás más feliz a partir de los 60 años
- Roberto Leal detiene Pasapalabra para anunciar la feliz noticia: 'Momento muy importante
- Carlos Gallardo (Almirall): 'Los aranceles son una oportunidad para que Europa reaccione y haga que las empresas no se vayan a EEUU a investigar
- Eddahchouri, dado de alta tras caer a las rocas en el paseo de A Coruña desde seis metros de altura