CEP Altamira » Premio Especial Accesibilidade
Por un Camiño sen límites
» O esforzo e a creatividade do alumnado de 3º de EP deu os seus froitos

Sara Troncoso recolle o galardón polo debuxo «O Camiño de Santiago». / Alba Villar
B. C.
Os estudantes de 3º de Educación Primaria do CEP Altamira están «moi contentos» co recoñecemento acadado nesta cuarta edición de Escola en Camiño: o Premio Especial de Accesibilidade.
Tal e como expón a súa titora, Tania Cardama, é un «orgullo» para eles, aínda que « o mero feito de participar nun concurso xa supón unha aprendizaxe en si, onde se debe dar prioridade ao esforzo que cada un fixo na elaboración da súa propia creación, fronte ao resultado do concurso».

Debuxo vencedor. / PI
Ademais de profundizar en certos aspectos da ruta xacobea, coma os seus símbolos ou a súa historia, Cardama quixo traballar xunto aos rapaces outros elementos trasversais enmarcados nos obxectivos de Primaria: «Coñecer, comprender e respectar as diferentes culturas e as diferencias entre as persoas, a igualdade de dereitos e a non discriminación de persoas por discapacidade u outras condicións».
Deste xeito, na súa obra gañadora podemos ver a dúas persoas con mobilidade reducida facendo o Camiño de Santiago en compañía doutras.
Para a titora, que o alumnado coñeza máis sobre o Camiño é importante «xa que forma parte da nosa identidade como galegos e galegas, e ao mesmo tempo forma parte da nosa cultura e da nosa historia». Ademais, segundo nos conta, preto do lugar de residencia do alumnado pasa unha parte do Camiño de Santiago, polo que a súa motivación e o seu interese aumenta.
«As familias do alumnado tamén axudan a quetraballen estes temas no ámbito familiar e sexa máis sinxelo poder traballalo na aula», conclúe.
- Roberto Leal detiene Pasapalabra para anunciar la feliz noticia: 'Momento muy importante
- El solidario y aplaudido gesto tras ganar el millonario bote en Pasapalabra: 'A Hacienda para fomentar la sanidad pública”
- Esta es la profesión real de Manu fuera de Pasapalabra
- Eddahchouri, dado de alta tras caer a las rocas en el paseo de A Coruña desde seis metros de altura
- «Hay que hablar del ‘chemsex’ desde la empatía, no desde el estigma»
- BiciCoruña suspende el abono a cuatro usuarios al día por uso indebido del servicio
- Colesterol alto: los alimentos que debes eliminar y los mejores para controlar los niveles
- Manos con artritis: señales de alerta, diagnóstico y cómo escapar del dolor crónico