IES Beade » Premio Especial Infografía do Camiño
Cocido, xirasois e orixinalidade!
» Sara Redondo captou a experiencia xacobea alén das iconas máis clásicas

Sara Redondo, alumna de 3º da ESO, foi distinguida co Premio Especial Infografía do Camiño. / A.V
B. C.
O IES Beade leva xa tres edicións consecutivas acadando recoñecementos no certame Escola en Camiño. Curso a curso, cada novo galardón motívaos a seguir participando, e por iso este ano a implicación volveu ser moi alta entre o estudantado.
O profesorado propón ao alumnado un punto de partida claro: explorar os elementos máis icónicos do Camiño de Santiago. Pero o verdadeiro reto chega despois: serán capaces de representar a experiencia xacobea alén dos seus símbolos máis recoñecibles?
«Anímamolos a buscar solucións pouco recorrentes, a que desenvolvan un pouco máis a súa creatividade. Non importa tanto a calidade do produto final como o feito de saírse do establecido e atopar algo novidoso no medio dunha iconografía tan marcada», explican desde o centro. Un desafío que, como ben saben por experiencia, non é nada doado.

Sara Redondo, alumna de 3º da ESO, foi distinguida co Premio Especial Infografía do Camiño. / PI
Aínda así, o resultado ás veces sorprende. Así ocorreu con dúas propostas destacadas: unha catedral creada a base de peregrinos superpostos entre si —gañadora da categoría de debuxo—, e a magnífica infografía realizada por Sara Redondo, alumna de 3º da ESO, que deixou sen palabras ao xurado e foi distinguida co Premio Especial de Infografía do Camiño.
A súa obra soubo captar á perfección os múltiples momentos que se viven no Camiño, máis alá da tradicional cuncha ou as frechas: desde paseos entre campos de xirasois ata comidas para repoñer forzas... ¡a base de cocido!
- Javier Rey presume del pueblo coruñés en el que se crió: una villa medieval a orillas del mar
- La Xunta dará bonos de 50 euros para comprar pescado a partir del 28 de julio
- Gonzalo Castro, sobre Riazor 2030: 'Un recinto tan importante tiene que aportar mucho más a la ciudad
- Los dueños de perros en A Coruña celebran las nuevas sanciones: 'La gente aprende por las malas
- Auxiliadas dos personas que se encontraban indispuestas en el interior de un vehículo
- El ciclo de conciertos en A Coruña para disfrutar del atardecer con impresionantes vistas
- Hidalgo abre la tierra de las oportunidades en el Deportivo
- Monte Martelo, el barrio naciente en A Coruña