Compañía de María de Cangas » Debuxo 1º e 2º EP
Creatividade, contorna e cultura propia
» Dúas alumnas do centro foron premiadas pola súa interpretación orixinal e única dos símbolos do Camiño

As estudantes de 2º de EP do Compañía de María recollen o premio por «Camiño dos desexos» e «Vieira andante». / A.Villar
B. C.
O colexio Compañía de María de Cangas foi gañador por partida dobre nesta cuarta edición de Escola en Camiño. Na categoría de 1º e 2º de EP, destacaron os traballos das alumnas Candela Gómez e Elisa López, das clases A e B de segundo de Primaria.
«A iniciativa foi acollida con ganas polos nenos. Son cursos os que lles gusta moito debuxar. Ademais, o tema encantoulles, pois está relacionado coa parte cultural da nosa terra», explícannos as súas titoras, Davinia Fernández Rodríguez (2ºA) e Ana Dolores Pérez Vázquez (2ºB).
Ambas mestras pensan que é importante que os cativos entendan que o Camiño «non é só unha ruta, senón unha experiencia que conecta persoas de diferentes lugares, linguas e culturas» e cren que, ao coñecelo, «tamén se senten máis conectados coa súa terra, co seu patrimonio, e valoran a riqueza que temos ao noso redor».

As estudantes de 2º de EP do Compañía de María recollen o premio por «Camiño dos desexos» e «Vieira andante». / PI
Tanto o debuxo de Elisa, no que se atreve a empregar un bolígrafo 3D para outorgarlle relieve e textura á obra, coma o de Candela, onde vemos unhas esponxosas nubes feitas con algodón e mesmo unha cunha de verdade, son unha boa mostra da «mirada curiosa e creativa» que ten a rapazada.
Grazas ao concurso, moitos ampliaron os seus coñecementos sobre a ruta xacobea e algún escoitou por primeira vez que era iso da peregrinación a Compostela. «Ademais, esta actividade favoreceu o traballo en grupo, o respecto polas ideas dos demais e a expresión das emocións», contan Davidia e Ana.
- Infarto en casa estando solo: cómo actuar de inmediato para salvar tu vida
- Nuevo varapalo para los propietarios: los inquilino podrán extender su contrato aunque el casero no quiera
- Este pueblo a media hora de A Coruña busca vecinos: ofrece trabajo y tiene las viviendas más baratas de la provincia
- El pediatra Carlos González explica cómo conseguir que los hijos estudien: 'Matamos su deseo de estudiar
- El TSXG da la razón a Oleiros en expropiar y demoler un edificio
- La intranquilidad de las placeras del mercado de San Agustín en A Coruña: «Llevo 15 días que no pego ojo»
- Así es el mercadillo más popular cerca de A Coruña: cada sábado desde hace más de 40 años
- Olalla Otero, pediatra de la Maternidad HM Belén de A Coruña: «Para lograr una lactancia de éxito es clave no separar a la mamá del bebé»
Una propuesta gratuita para acercar la tecnología a niños y jóvenes este verano
