Las Acacias » Debuxo 3º e 4º EP
Un gran esforzo, coma no Camiño!
» Laura González optou pola colaxe e sorprendeu ao xurado coa súa creación

Laura González recolle o premio na categoría de 3ºe 4º de EP por «O trotamundos». / A.Villar
B. C.
Un camiño elaborado peza a peza, ao igual que o ceo ou mesmo a vestimenta do peregrino; o resultado, unha ilustración sorprendente e corida que conquistou ao xurado de Escola en Camiño. A alumna de 4º de Primaria Laura González, do colexio Las Acacias, decidiu facer a súa obra empregando a técnica da colaxe, que «implica grandes doses de paciencia, esforzo e moito traballo», como nos conta a súa titora, Beatriz Prieto. Laura estivo unha semana traballando na súa obra, titulada O trotamundos e que sen dúbida, reflicte ben os valores do Camiño de Santiago.
Tanto a gañadora como o resto dos seus compañeros de clase recibiron «con moito entusiasmo e interese» a posta en marcha da IV edición deste certame, xa que lles encanta debuxar e facer manualidades.

Laura González recolle o premio na categoría de 3ºe 4º de EP por «O trotamundos». / PI
Ademais, a temática «O Camiño de Santiago» resultou moi atractiva «pois moitos fixeran o camiño ou un tramo do mesmo coa familia e amigos», declara a titora.O proceso de participación no concurso axudounos a completar os seus coñecementos sobre a ruta xacobea e, ao tempo que argallaban as súas propostas artísticas, os cativos e cativas de Las Acacias descubriron «as distintas rutas, a cuncha, as lendas relacionadas co Camiño, a Catedral, o Botafumeiro» e investigaron máis a fondo sobre a cuestión.
Para Beatriz Prieto, que o alumnado saiba máis sobre o Camiño é moi enriquecedor: «É unha maneira de dar a coñecer unha tradición galega moi importante que mestura a espiritualidade co achegamento a natureza, coñecemento de pobos e monumentos».
- Una librera de A Coruña estalla tras sufrir la estafa de este autor: 'Non vas ver un céntimo
- Así empezó Zara: Amancio Ortega, el jefe cercano que visitaba cada establecimiento en su Renault 5 rojo
- Carmen quedó parapléjica a los dos días de operarse la rodilla en Ourense
- La mastectomía endoscópica se afianza en el Chuac de A Coruña: «Es mucho menos invasiva»
- Oficial: el alquiler turístico queda prohibido en todas las comunidades de vecinos
- Un concierto anunciado por el Concello en Riazor abre otro frente con el Dépor
- La nueva residencia de mayores Eirís comenzará a recibir a residentes a finales de año
- El Concello de A Coruña detecta 'daños estructurales' en la pasarela entre las estaciones