IES LAMAS DE ABADE » Debuxo 1º e 2º ESO

«Algo noso, propio e singular»

A alumna Pandora Grandal explora o Camiño de Santiago como espazo emocional e símbolo do que é noso

Pandora Grandal recolle o premio polo seu debuxo ‘Meu camiño, meu fogar; un sono poder despertar’.

Pandora Grandal recolle o premio polo seu debuxo ‘Meu camiño, meu fogar; un sono poder despertar’. / Alba Villar

B. C.

Con só un lapis, Pandora Grandal, alumna de 1º de ESO no IES Lamas de Abade, consegue transmitir o esforzo, a calma e a beleza dunha etapa do Camiño. No seu debuxo, tres peregrinos avanzan por unha paisaxe silenciosa e aberta, cargada de luz e sombra, capturando a dimensión máis íntima da peregrinación: a que convida á reflexión e ao encontro con un mesmo.

A obra xurdiu no contexto da materia de Educación Plástica, onde o concurso foi acollido como unha oportunidade para explorar a parte máis persoal desta experiencia. «Aprenderon a ver as posibilidades do Camiño a nivel individual —explica a profesora Sabela Martín—: camiñar sós ou acompañados, coñecer o entorno, facer amizades… O feito de ter que pensar e transformar unha idea en debuxo abriu moito o campo de posibilidades».

‘Meu camiño, meu fogar; un sono poder despertar’, debuxo de Pandora Grandal.

‘Meu camiño, meu fogar; un sono poder despertar’, debuxo de Pandora Grandal. / FdV

Cada ano, milleiros de persoas chegan a Compostela desde distintos puntos do mundo. Só en 2023 expedíronse máis de 446.000 compostelas, procedentes de máis de 180 países. É un fenómeno global que nace aquí, en Galicia, e que, como defende a profesora Sabela Martín, cómpre aprender a valorar precisamente por iso: «Porque é algo noso, propio e singular. É importante aprender a valorar o que temos, algo tan importante e coñecido en todo o mundo», lembra a docente.

Neste contexto, o título da obra, ‘Meu camiño, meu fogar, un sono para poder despertar’, cobra todo o seu sentido: o Camiño como espazo propio, como refuxio emocional e como unha viaxe interior.

Tracking Pixel Contents