CPR Hermanos Quiroga » Debuxo 1º e 2º EP
Pegadas peregrinas e «marcas» na memoria
» Antía Ocampo amosa a esencia Xacobea

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda; e o director Xeral de Prensa Ibérica Galicia, J.C Da Silva, fan entrega do galardón a Antía Ocampo. / A.Villar
B. C.
Dos retos da experiencia: o cansazo, a orografía, a choiva; da paisaxe, do clima e, por suposto, das xentes coas que un se atopa no Camiño falaron longo e tendido na clase de Ciencias Naturais e Sociais os alumnos e alumnas de 2º de Educación Primaria do CPR Plurilingüe Hermanos Quiroga.
Con todo o aprendido e tras unha reflexión conxunta, cada estudante realizou un debuxo coa súa particular interpretación, que logo presentou ante o resto da clase, entre aplausos xeneralizados e exclamacións de entusiasmo por parte dos compañeiros, tal e como relata a titora Cristina Trillo.
Entre todos os traballos, destacou especialmente para o xurado de Escola en Camiño a proposta da alumna Antía Ocampo, quen, baixo o título «Os pasos do Camiño», soubo reflectir, a través da sinxeleza dunha pegada de bota, como cada peregrino deixa a súa marca propia no Camiño e, ao mesmo tempo, como a experiencia xacobea deixa unha pegada imborrable para sempre na memoria de quen o percorre.
Unha obra que ben mereceu o galardón na categoría de debuxo para 1º e 2º de Educación Primaria no certame Escola en Camiño.

Debuxo vencedor. / PI
A orixe da frecha amarela
No traballo de Ocampo tampouco faltou a tradicional frecha amarela, un dos símbolos máis internacionais do Camiño de Santiago, pintada a brocha en calzadas, casas, valos ou árbores. Ademais deste elemento, que ten unha orixe recente pois naceu en 1984 por iniciativa dun sacerdote do Cebreiro, Elías Valiña, que sinalizou deste xeito, desde Francia ata Santiago, todo o Camiño Francés; outro sinal identificador do Camiño, neste caso xa histórico, é a vieira ou a cuncha, que podemos ver esculpida en multitude de igrexas ou monumentos.
- Este pueblo a media hora de A Coruña busca vecinos: ofrece trabajo y tiene las viviendas más baratas de la provincia
- El arquitecto técnico de Oleiros, en el juicio por el derribo de Casa Carnicero: 'Era imposible apuntalar, los muros se deshacían, había un riesgo elevadísimo
- Inditex inicia la cuenta atrás para abrir su centro logístico más moderno y sostenible
- El psiquiatra Enrique Rojas, experto en salud mental, sentencia a los infieles: 'El mejor amor se pierde si no se trabaja...
- Ryanair anuncia que no aceptará tarjetas de embarque en el móvil en estos tres aeropuertos
- Colesterol alto: los alimentos que debes eliminar y los mejores para controlar los niveles
- Yeremay no se mueve hasta el final de liga
- La fruta ideal para mayores de 50 años que mejora la memoria y controla el colesterol