Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Colexio Vigo » Audiovisual

Poemas Xacobeos

«Cara abaixo moi aprisa;cara arriba pouco a pouco». Coñece a inxente produción literaria inspirada polo Camiño da man de Novoneyra ou Lorca

Colexio Vigo recolle o galardón da súa categoría polo traballo «Facendo Camiño».

Colexio Vigo recolle o galardón da súa categoría polo traballo «Facendo Camiño». / A.Villar

B. C.

O traballo «Facendo Camiño», elaborado por un grupo de alumnas de 2º da ESO do Colexio Vigo, en Redondela, vén de levar o primeiro premio Audiovisual da súa categoría no certame Escola en Camiño. Unha montaxe na que podemos ver vídeos e fotos realizadas polas propias participantes durante a súa investigación e na que destaca especialmente a presenza de citas literarias tanto en galego como en castelán, e mesmo en francés, sobre o Camiño e Galicia. 

«Vai polo monte o camiño/outeando coma un louco:/ cara abaixo moi aprisa/ cara arriba pouco a pouco…», parte do poema ‘Os camiños’ de Uxío Novoneyra ou «Esta noche ha pasado Santiago/su camino de luz en el cielo (...) ¿Dónde va el peregrino celeste por el claro infinito sendero? Va a la aurora que brilla en el fondo en caballo blanco como el hielo», do poema ‘Santiago (Balada ingenua)’, de García Lorca, son só dous exemplos dos que se serven as estudantes para reivindicar a inxente produción literaria inspirada pola experiencia Xacobea ao longo da historia. 

Colexio Vigo recolle o galardón da súa categoría polo traballo «Facendo Camiño».

Colexio Vigo recolle o galardón da súa categoría polo traballo «Facendo Camiño». / // A.Villar

Un certame de participación voluntaria no centro que espertou o «entusiasmo» das participantes, en palabras da docente Montse Ruibal, que pon en valor «o traballo en equipo» e «o coñecemento da nosa identidade e cultura» logrado a través do proxecto. «Este ano participou unha parte da clase que preparou o traballo e explicoullo aos seus compañeiros», comenta a mestra para despedirse. 

Tracking Pixel Contents