IES BEADE » Debuxo 3º e 4º da ESO
Un solpor en Santiago
A iconografía do Camiño a través dunha proposta visual en dúas capas

Leire Pereira, alumna do IES Beade, galardoada polo debuxo «O camiño da felicidade». / Alba Villar
B. C.
En ‘O Camiño da Felicidade’, Leire Pereira, alumna do IES Beade, propón unha reinterpretación visual da Catedral de Santiago chea de forza e orixinalidade. A obra componse de dúas capas superpostas sobre un fondo vibrante que transita do amarelo ao vermello, evocando un solpor ou a luz dunha chegada soñada. Nun primeiro plano destaca a silueta escura e inconfundible da catedral actual, mentres que, por riba, unha serie de liñas finas debuxan distintas versións e visións históricas do templo compostelán.

‘O Camiño da Felicidade’, ebuxo de Leire Pereira. / FdV
O debuxo sorprende pola súa capacidade de ofrecer unha ollada persoal sobre un símbolo tan recoñecido, dándolle unha nova vida dende a creatividade e a experimentación plástica. «A iconografía do Camiño é tan coñecida que facer algo diferente convértese nun reto, e polo tanto, nun amplo campo de experimentación», sinala o profesor Ángel Comesaña. «Para este nivel, penso que a aprendizaxe máis importante está no desenvolvemento da creatividade, sobre todo na creación de producións novidosas e orixinais».
‘O Camiño da Felicidade’ non representa só unha meta física, senón tamén un camiño interior. «O Camiño supón sempre un crecemento —engade a docente—. No caso dos adolescentes, podemos establecer un paralelismo co seu desenvolvemento persoal, un autodescubrimento que pode abrir portas a novas facetas da vida, neste caso a través da expresión artística».
- Infarto en casa estando solo: cómo actuar de inmediato para salvar tu vida
- Nuevo varapalo para los propietarios: los inquilino podrán extender su contrato aunque el casero no quiera
- Este pueblo a media hora de A Coruña busca vecinos: ofrece trabajo y tiene las viviendas más baratas de la provincia
- El TSXG da la razón a Oleiros en expropiar y demoler un edificio
- La intranquilidad de las placeras del mercado de San Agustín en A Coruña: «Llevo 15 días que no pego ojo»
- El pediatra Carlos González explica cómo conseguir que los hijos estudien: 'Matamos su deseo de estudiar
- Olalla Otero, pediatra de la Maternidad HM Belén de A Coruña: «Para lograr una lactancia de éxito es clave no separar a la mamá del bebé»
- The Telegraph' apunta a que el apagón de España se debió a un 'experimento del Gobierno' con las renovables