IES nº1 Carballiño » Audiovisual
Superación e traballo en equipa
» O alumnado de 3º da ESO implicouse por completo nesta experiencia

Os estudantes recolleron as súas mellores lembranzas do Camiño nun bonito vídeo. / A.Villar
B. C.
«A realización do camiño polo noso alumnado non só significou alcanzar unha meta física, senón tamén unha aprendizaxe sobre a superación persoal, a solidariedade e o traballo en equipo, valores que seguirán acompañando aos nosos mozos participantes, cuxo esforzo e actitude fixeron posible o éxito da andaina».
Así resume a directora do IES Nº1 Carballiño, Almudena Mosquera Fernández, a aprendizaxe do alumnado de 3º da ESO do centro tras a súa participación en Escola en Camiño.
A idea inicial era recolectar fondos para varios colexios de Valencia afectados pola catástrofe da DANA e realizar o Camiño de forma simbólica. Un total de 42 rapaces e rapazas implicáronse ao máximo na iniciativa e inmortalizaron a través de vídeos e fotografías todo o vivido. O resultado é unha das pezas premiadas na categoría de Audiovisual deste certame. Seica podería existir unha forma mellor de completar a experiencia?

Os estudantes recolleron as súas mellores lembranzas do Camiño nun bonito vídeo. / A.Villar
No vídeo, titulado «A experiencia...camiñando xuntos» mostra o que máis lle chamou a atención aos estudantes: monumentos, paisaxes naturais, comidas compartidas e moitas risas comprimidas en pouco máis de tres minutos e que reflicten a verdadeira esencia do Camiño de Santiago. As grandes ensinanzas que se levaron foron a importancia do «traballo cooperativo» e a «solidariedade, a toma de conciencia dos pequenos xestos solidarios no día a día cara os demais».
- La nueva estación de autobuses de A Coruña encara la recta final de la obra con la estructura acabada
- El verano en el que Eddahchouri pudo dejar el Deportivo y mudarse a Italia o Grecia
- El juzgado ordena al Concello de Sada depositar 4,6 millones para el derribo de dos edificios
- La compra de edificios enteros en la ciudad aumenta por el tirón de la vivienda turística
- Ya es visible la estructura de la terminal de autobuses de la futura intermodal
- Los plazos de la obra de A Sardiñeira: qué se ha completado y qué queda
- Alerta por intensas lluvias en A Coruña y Pontevedra
- Viajar entre A Coruña y Santiago por la AP-9 el próximo año costará 8,77 euros