Colegio Montecastelo » Debuxo 3º e 4º de EP

A unión «da imaxinación e a información»

» Unha paisaxe basta para expresar moito máis do que parece

Alejandro Parada recolle o seu premio polo debuxo «Yendo hacia Santiago».

Alejandro Parada recolle o seu premio polo debuxo «Yendo hacia Santiago». / A.Villar

B. C.

A Alejandro Parada, alumno de 4º de E.P do colexio Montecastelo, encántanlle os debuxos feitos con ceras pastel. Por iso, cando presentaron na súa clase o concurso Escola en Camiño, atreveuse a probar esa técnica. 

«Logo buscou información sobre a paisaxe do Camiño e xuntou todo», explica o seu titor, Rafael Martínez, «a composición xurdiu da unión de imaxinación e información». O seu debuxo mostra xustamente unhha paisaxe bucólica, sen ningunha persoa en escea, que non cabe dúbida que pertence á ruta xacobea: pódese ver un cartel de madeira que pon «Santiago», un poste coa cuncha amarela e o típico bastón de peregrino apoiado sobre el. 

Alejandro Parada recolle o seu premio polo debuxo «Yendo hacia Santiago».

Alejandro Parada recolle o seu premio polo debuxo «Yendo hacia Santiago». / PI

A aparición desta cuncha amarela non é casualidade. Como nos conta o mestre, o alumnado aprendeu durante o desenvolvemento do concurso a «localizar as cunchas para seguir o Camiño». E ben o demostra Alejandro no seu debuxo!

Ademais, debuxar e imaxinar ao redor deste percorrido tamén permitiu aos estudantes de Primaria aprender «a súa importancia cultural para toda a penínsuka». «Todavía hoxe lembran moitas desas cousas!», conta Martínez. 

«É importante que coñezan máis sobre o Camiño para saber a importancia que tivo na entrada da cultura europea e para aprender a programar unha actividade familiar que lles encanta», recoñece o titor de 4º de Educación Primaria do Montecastelo.

O entusiasmo do alumnado quedou reflictido nas súas pezas artísticas de «gran calidade». A pesar de que non todas puideron levar premio, o máis importante é o coñecemento que xa levan con eles para sempre. 

Tracking Pixel Contents