«Os efectos dixitais son unha evolución natural dos instrumentos tradicionais»
Carme López, Carmela, ofrece a ‘delicatessen’ sonora ‘Vinde todas’, un repertorio de diferentes cantareiras de Galicia

Carme López, Carmela, na aldea do Incio onde vive. | Awa Pombo @estudio.bo
m. mato
A profesora lucense da USC Carme López Fernández —que formou parte de SondeSeu e deu aulas en escolas de música— recibía o pasado ano o Premio Martín Códax en Música Contemporánea polo traballo Quintela de música de gaita galega experimental. Agora, presenta novo proxecto baixo o nome de Carmela. Trátase do disco Vinde todas, onde percorre coplas de cantareiras galegas. Sen dúbida, unha delicatessen musical.
Cal é o obxectivo principal de ‘Vinde todas’?
Este é un disco de música tradicional inda que aparecen referencias a certos aspectos da música electrónica polos recursos nos que está gravado. Para min, o xogo de loops e efectos dixitais na voz son unha evolución natural dos instrumentos tradicionais. O obxectivo era ter presente de onde veñen as melodías para ter en conta ás informantes.
Trátase de informantes ás que accedeu vostede e outras recollidas nos cancioneiros publicados, non?
Si, hai un pouco de todo. Hai cancións que escoitei en gravacións de arquivos privados como no caso do tema que abre o disco, De Moscoso, que oín no arquivo de Xisco Feijóo. Foi onde escoitei moitas das cancións que lles escoitei a Rosa e Aida Garrido de Moscoso. O canto de sega coñecino por unha gravación disponible no APOI, Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (do Museo do Pobo Galego) e outras melodías aprendinas en clases de grupos de pandeireteiras.
No alto do cacho é unha das cancións máis belas do tradicional galego que teño escoitado nos últimos anos.
Xusto esta xota de Rosa e Aida Garrido de Moscoso escoiteina en varios lugares. A miña versión non é a copia exacta dunha interpretación delas senón que a xuntanza de diferentes escoitas de diferentes arquivos incluído un programa Alalá da TVG delas ou o arquivo de Xisco. En canto ás letras, fixen unha escolla. Neste arranxo, pensei en como cantaban elas o repertorio. O seu xeito de cantar ten unha miguiña de nostalxia ou de algo triste. Quería buscar o carácter intimista. Ademais de sonar a miña voz e a pandeireta aparece unha marimba acompañada de efectos dixitais, unha reverb que acompaña e enfatiza os baixos.
En que medida debemos ser totalmente respectuosas co que escoitamos e herdamos en que medida cambialo?
Conservar ou modificar é lícito dependendo dos obxectivos que se plantexen. Nesta proposta, eu fíxome na interpretación das mulleres polo que son fiel á súa interpretación. Por iso, non modifico as letras. Só cambio no directo Corona, un canto de sega cos versos de Rosalía sobre os galegos de regreso de Castela «cuando vienen como negros». Unha das que canta comigo é unha persoa racializada e non nos parecía adecuada a estrofa racista. A tradición caracterízase por unha variación constante. É lóxico que hoxe en día haxa cambios.
Regina. O ramo cántaa coas Pandeireteiras de Toutón.
As Pandeireteiras de Toutón son referentes para min como mulleres e como pandeireteiras.
- Venden una finca de 1.500m² con casa a reformar y en zona costera por menos de 50.000 euros: a 1 hora de A Coruña
- La mitad de los españoles tiene déficit de vitamina D: síntomas y qué comer para evitarlo
- Víctor Elías se abre en canal y explica por qué decidió denunciar a su madre: 'No aguantaba más
- Rescatado el cuerpo de una mujer en el puerto de Sada
- Ya hay fecha de boda en Pasapalabra: 'Será el 21 de junio, no queda nada
- Estrella Galicia estrena en Arteixo el bastión de su expansión nacional e internacional
- El Deportivo quiere recuperar a Jairo Noriega
- Manu Ferreiro y el Deportivo, en sintonía para renovar su contrato