A RAG publica o volume ‘Por que non hei de cantar?’, obra de Manuel Rico
Xa dispoñible en ‘academia.gal’, é unha edición divulgativa sobre as mulleres nas que se personifica a celebración e a historia das recolleitas

Schubarth, nunha entrevista a Elisa e Delfina. | C. A. Santamarina
R. S.
«Oín cantar moito de pequeno a xente que paraba na casa cando viña das festas. Tiñamos unha taberna e na miña memoria foron quedando aquelas coplas», rememora Manuel Rico Verea (Boimorto, 1948), autor de Por que non hei de cantar?, a edición conmemorativa da Real Academia Galega (RAG) co gallo do Día das Letras Galegas que lles dedica ás cantareiras e á poesía popular oral, que xa pode descargarse na sección de publicacións de academia.gal.
O volume, co que será agasallado o público que asista ao pleno extraordinario do 17 de maio en Malpica de Bergantiños, arrinca presentando as cantareiras de Cerceda, Malpica e Muxía nas que se personifica a gran festa da cultura galega, percorre as principais recolleitas históricas da poesía tradicional creada polo pobo e máis as publicacións literarias e musicais, e conclúe cunha lembranza de Dorothé Schubarth (1944-2023), que viaxou por toda Galicia entre finais dos anos 70 e primeiros 80 do século pasado á procura de melodías arcaicas.
Froito do inxente traballo da etnomusicóloga suíza, á que Rico coñeceu a finais dos anos 70, é o Cancioneiro Popular Galego, que acometeu coa colaboración de preto de 600 informantes e do académico Antón Santamarina, quen pronunciará 0 sábado unha das tres alocucións académicas da sesión da RAG. Rico define o cancioneiro de Schubarth e Santamarina como «a obra definitiva»: «Fixeron agromar tempos novos para a lírica e a música tradicional oral que transmitiron os últimos informantes dunha sociedade galega con cambios abruptos vividos durante o século XX».
Por outra banda, o local da Asociación Évame Oroza acolle mañá (20.00 horas) a proxección do documental Dorothé na vila, que fai un percorrido polos lugares que a musicóloga suíza Dorothé Shubarth visitou para elaborar o Cancioneiro Popular Galego. O filme será presentado polos seus autores, Olaia Tubío e Álex Gándara.
- La grave enfermedad que pasa desapercibida y crece cada vez más: 'Me decían que no tenía nada y llegué a pensar que era cáncer
- Bouldini se apunta al nuevo proyecto del Dépor
- Dr. Víctor Bravo, endocrino: 'Comer menos y andar más no es la mejor solución para perder peso
- Un joven hereda este «minipueblo» en Galicia y busca vecinos: casas en venta por 7.000 euros
- Un muerto y dos heridos, uno de ellos grave, tras una colisión lateral en Oza Cesuras
- Una migrante argentina que ahora vive en Galicia elogia esta característica tan propia de los gallegos: 'Estuve en muchas partes de España y...
- Reencuentro romántico en Pasapalabra: 'Fuimos novios
- Este restaurante de carretera se está popularizando en la provincia de A Coruña por su churrasco a la brasa