ENTREVISTA | Xurxo Ayán Investigador galego na Universidade de Lisboa
«Os puticlubs son sitios que funcionan cunha impunidade absoluta»
Películas como A Esmorga ou Airbag teñen como protagonistas a puteiros de distintas épocas. A investigación Arqueoloxía dos prostíbulos intenta descifralos. Os seus resultados aparecerán nunha enciclopedia mundial sobre o escravismo

Xurxo Ayán, nun dos puticlubs que escavaron. | X. A
Mar Mato
A Casa Galega da Cultura, con sede en Vigo, acolle hoxe o estudio Arqueoloxía dos prostíbulos, que asinan os investigadores Xurxo Ayán e Carlos Otero Vilariño coa presentación de María Xosé Porteiro. O acto é organizado polo Ateneo Atlántico. Falamos con Ayán sobre este proxecto que os levou a escavar tres puticlubs abandoados galegos.
Que fin perseguen?
Facemos un estudo arqueolóxico sobre todo dos puticlubs rurais dos anos 80-90 na actual Galicia e O Bierzo. Un dos fins do proxecto é ensinar a intensidade do fenómeno e a escala industrial. Temos inventariados 120 puticlubs de distintos periodos. Na provincia de Pontevedra, documentamos os nodos puteiros. Dende a crise económica e a pandemia, hai unha concentración do negocio en puntos concretos onde se xuntan dous ou tres grandes puticlubs. Están en zonas que distan uns 15 minutos en coche das capitais de provincia ou das capitais de comarca; ademais vencéllanse a rotondas de acceso de corredores, autovías ou autoestradas. É o que sucede en Pontevedra onde un nodo puteiro importante está no Porriño; e outro en Vilaboa.
Cal é a radiografía actual?
Vemos que a metade do negocio faise en apartamentos ou vivendas privadas; o outro 50% é nos grandes puticlubs. Actualmente, é un negocio bastante invisibilizadoe. Os grandes puticlubs que sobreviven aparentan ser moteis, con bandeiras de países, acceso reservado e grandes setos. A arqueoloxía permite entrar dentro dos sitios e amosar como son, as condicións nas que en moitos casos están secuestradas as mulleres. Son mafias que enganan as rapazas e as traen a España quitándolles os pasaportes. Queremos amosar o terror que sofren.
Que atoparon?
Nun, vimos que era un auténtico cárcere, cos cuartos que parecía celdas con fiestas de 30x30 centímetros e sen camas. No Soraya, n´O Corvo (Lugo), que foi abandoado no 2008, vimos que quedou fosilizada a última festa de nadal do 2007. Fregaron o chan, puxeron os xornais nel e marcharon. Era como unha granxa de polos: un edificio lonxitudinal no que si recibían a clientes; mentres que no Blanco y Negro pasaban un tempo para despois ser movidas en vehículos a outros lugares onde as obrigaban a prostituírse. Neste, atopamos un arquivo con documentación, axenda de clientes e servizos ademais da banda sonora cos casetes.
Seguirán adiante co proxecto?
Esta é unha investigación sen apoios pero queremos seguir adiante. O pasado xaneiro publicamos un artigo na revista World Archeology a finais de ano incluirase o noso traballo nun capítulo dunha enciclopedia do escravismo mundial que se prepara no Reino Unido. Ademais, queremos facer un documental coa directora Ana Mariz pero precisamos financiamento.
Como afecta a prostitución á nosa sociedade?
Cremos que as altas cifras de violencia de xénero obedece a unha educación machista que persiste e que vén do nacional-catolicismo franquista. Hai un machismo estrutural na sociedade española, estado que é o terceiro do mundo en consumo de prostitución. Son sitios que funciona cunha impunidade absoluta, a explotación sexual está asumida.
Suscríbete para seguir leyendo
- Ya hay fecha de boda en Pasapalabra: 'Será el 21 de junio, no queda nada
- Zara vuelve loca a A Coruña con una colección exclusiva de San Juan: solo a la venta en la calle Compostela
- Venden una finca de 1.500m² con casa a reformar y en zona costera por menos de 50.000 euros: a 1 hora de A Coruña
- El Supremo legitima a Oleiros para recurrir el área proyectada en O Seixal
- Los siete fichajes ineludibles del Deportivo
- El ‘tiktoker’ que se come la ciudad de A Coruña
- Roberto Leal detiene Pasapalabra para anunciar la feliz noticia: 'Momento muy importante
- La mitad de los españoles tiene déficit de vitamina D: síntomas y qué comer para evitarlo