FESTIVAL DE CANS
«É bonito e necesario desacralizar a Castelao»
‘Antes de Nós’, de Ángeles Huerta, atravesa o mito de Castelao. Fíxase nas emocións dunha parte da súa vida, infidelidade incluída. O filme, estreado onte na Coruña, proxéctano hoxe no Festival de Cans. Mañá chega aos cinemas

Ángeles Huerta, na Coruña, onte. | Germán Barreiros/Roller Agencia
mar mato
Que engado tivo a súa mirada de muller sobre Castelao?
Eu potenciei moito algo que xa estaba no guion: a fraxilidade de Castelao. O andazo pola gripe de 1918 e a viaxe á Bretaña coa súa muller polo dó trala morte do seu único fillo no 1929 son dous momentos de extrema fraxilidade. A intimidade é o máis político que hai. A formación ética do personaxe é o que está detrás do político. Tras ser médico en Rianxo na gripe do 18, el marcha para a primeira Asemblea Nacionalista en Lugo. E o que vemos no 1929 é o preludio do Partido Galeguista. É importante saber que emocións lle levaron a facer esas escollas.
Houbo algo nese período que lle chamara a atención?
Alucíname a relación de parella entre Castelao e Virxinia. Ela era dunha clase social máis alta e vive un proceso de desprazamento cando casa con el e este deixa de exercer a medicina para traballar de funcionario en Pontevedra. Despois, acaba achegándose moito a el; e el a ela. É moi difícil que unha parella sobreviva á morte dun fillo. Que eles superasen xuntos ese momento e despois sigan máis unidos sorprendeume. A película remata cunha epifanía na Bretaña e da que Castelao fala no seu primeiro discurso nas Cortes da República no 1931. O compromiso que el adquire co galeguismo é diferente a partir de aí. Virxinia acompáñao. Non o mostramos na película pero ela vai pasando nas súas cartas de usar o castelán a usar o galego. A través delas, entendémola como persoa e vemos a súa viaxe política.
No filme, coñecemos un amorío de Castelao
Iso é parte do proceso de secularización de Castelao. Non queremos facer un panfleto. Xa está abondo glorificado. Nós queremos facer unha achega honesta achegándonos á alma humana. En que medida a intimidade de Castelao fala da nosa intimidade? El era un varón burgués de principios de século. A súa familia pasou da miseria a ter posibles trala emigración á Arxentina. Castelao tivo unha amante, unha pianista inglesa en Pontevedra antes da gripe. Parecíame interesante partir desa crise. Cando empeza a película, estamos ante un matrimonio en crise. A importancia do filme radica no baile de achegamento e afastamento dos dous. Paréceme bonito e necesario desacralizar a Castelao.

Estrea na Coruña de 'Antes de Nós', que se proxecta no Festival de Cans / Germán Barreiros / RollerAgencia
Presentan tamén cando o cacique de Rianxo quere botar abaixo o Hórreo do pai de Castelao. Ese episodio ata chegou aos xornais de fóra de Galicia
Si, si. No ABC, falan dese episodio como de exemplo de loita contra o caciquismo. No ano 1918, era un problema endémico de toda a sociedade española. Aí, o pobo de Rianxo converteuse en exemplo de resistencia e valentía. No caciquismo, no fascismo, hai un tipo de maldade que ten que ver co desleixo.
O filme axuda a entender que a raíz do odio fascista á familia Castelao viña de moi atrás
No contexto da Xeración Nós, todos eran homes burgueses e algún aristócrata. Castelao era o único que tiña memoria da miseria; el viña do pobo. A experiencia da emigración en Arxentina tampouco foi opulenta. El volve e terá unha vida burguesa pero con memoria da miseria moi certeira. Ter a oportunidade de traballar como médico no andazo no seu Rianxo natal permitiulle entrar ata a cociña de todas as casas da comarca mesmo das máis miserables. El mirou a morte aos ollos nesa época.
Os actores Xoán Fórneas (Castelao) e Cris Iglesias fan un excelente traballo, pero destaco a Nancho Novo
É un orgullo recuperar a Nancho Novo para o noso cinema. É a primeira vez que roda un filme en galego. Cando o chamei, botouse a chorar porque tiña a teima de que ninguén se lembraba del en Galicia. A súa actuación é brutal. Para min, é un mito. El é o protagonista de La Ardilla Roja, peli dos noventa coa que aprendín a amar o cinema.
- La grave enfermedad que pasa desapercibida y crece cada vez más: 'Me decían que no tenía nada y llegué a pensar que era cáncer
- Bouldini se apunta al nuevo proyecto del Dépor
- Dr. Víctor Bravo, endocrino: 'Comer menos y andar más no es la mejor solución para perder peso
- Un joven hereda este «minipueblo» en Galicia y busca vecinos: casas en venta por 7.000 euros
- Un muerto y dos heridos, uno de ellos grave, tras una colisión lateral en Oza Cesuras
- Una migrante argentina que ahora vive en Galicia elogia esta característica tan propia de los gallegos: 'Estuve en muchas partes de España y...
- Reencuentro romántico en Pasapalabra: 'Fuimos novios
- Este restaurante de carretera se está popularizando en la provincia de A Coruña por su churrasco a la brasa