Cita en Los Cantones para a estrea da película galega 'Antes de Nós'

Os cines de Los Cantones, na Coruña, acolleron onte a estrea de Antes de Nós, que chega este venres ás salas de cine e que explora a Castelao «antes de que fose Castelao», o home detrás do mito. A película está producida por Retrincos A.I.E coa participación de Televisión de Galicia e Radiotelevisión Española e cun guión de Pepe Coira. A estrea contou coa participación do elenco, encabezado por Xoán Fórneas, Cris Iglesias e Nancho Novo, ademais do conselleiro de Cultura, José López Campos, e outros convidados como Tanxugueiras, Esther Estévez e representantes políticos dos concellos da Coruña e Santiago.

Tracking Pixel Contents