O Consello da Cultura alerta da falta de oferta en galego para a mocidade
A maioría das entidades do sector, o 74%, manifesta que aumentaría a súa produción ou actividade neste idioma se se puxeran en marcha medidas de apoio económico e social

Rosario Álvarez e Håkan Casares, no presentación do informe. / Santiago Esturao
O Consello da Cultura Galega revela nun informe a carencia de oferta en galego dirixida a nenos e xente nova no ámbito cultural. É unha das conclusións do estudo Demanda e oferta de produtos e servizos culturais en galego para a infancia e a mocidade que onte presentaron a presidenta do organismo, Rosario Álvarez, e o responsable do Observatorio da Cultura Galega, Håkan Casares.
O 27,8% das entidades implicadas na cultura (artes escénicas, museos, actividades do patrimonio cultural e os departamentos de cultura de concellos, deputacións e da Xunta) consideran que nos últimos anos houbo un incremento de demanda, pero só a metade manifesta que existe «bastante» ou «moita» oferta neste ámbito.
A percepción de pouca oferta é moi importante na produción de xogos de mesa e xoguetes (no 78,3% das respostas se fala de «moi pouca» ou «pouca»), na ciencia e divulgación (75,2%), no audiovisual (74,9%) e nos contidos de redes sociais e Internet (73,0%). No caso dos videoxogos, o diagnóstico é aínda máis grave: só un 6,2% entende que hai unha oferta en galego minimamente suficiente. Precisamente por esa escaseza, existe un consenso moi amplo sobre a necesidade de incrementar os contidos en galego dirixidos á mocidade. Entre un 77% e un 94% das entidades considera «bastante» ou «moi importante» ampliar a oferta nos diferentes sectores.
«Descoidouse a presenza do galego en novos formatos, como os videoxogos, as series ou a produción audiovisual. Son produtos que necesitan un investimento económico maior», explicou o responsable do Observatorio, Håkan Casares.
«Falar da demanda e oferta dos produtos en galego destinados aos nenos e a mocidade non depende só das institucions. Non chega con que os adolescentes falen, ten que saír de toda a sociedade. Ten que haber unha socialización plena en lingua galega», sinalou Rosario Álvarez.
O estudo do Consello da Cultura Galega ofrece unha visión completa do lugar que ocupa este público na programación e produción cultural en lingua galega. Un 73% das entidades da mostra ofrece produtos ou servizos en galego para o público infantil ou adolescente. En conxunto, as entidades dedican, de media, algo máis dun terzo da súa produción en galego a este público, representando un 37,7%.
Ademais, o sector da cultura amosa unha alta disposición a fomentar a oferta cultural deste tipo. A maioría das entidades do sector cultural, o 74,4%, manifesta que aumentaría a súa produción ou actividade en galego se se poñen en marcha medidas de apoio.
En 2024 as entidades da cultura galega realizaron o 54,67% da súa produción en galego e a tendencia é a alza, segundo os datos recollidos nos últimos catro anos. Tamén indican que a produción en galego non é homoxénea, senón que varía segundo a actividade. Educación cultural, música, museos e actividades relacionadas co patrimonio cultural e dos departamentos de cultura das diferentes administracións son os que rexistraron os indicadores máis altos, representando máis do 60%. «Seguen o teatro, danza e artes escénicas, o comercio de libros e publicacións periódicas, as bibliotecas e arquivos e as artes visuais», confirmou Casares. Os valores máis baixos de producións en galego que se rexistraron foron nas artes gráficas e arquitectura, publicidade e deseño.
Este estudo é o primeiro dunha liña de traballo de atención á mocidade e á infancia que o Observatorio da Cultura Galega vai desenvolver, encadrándoa na necesidade de atender os dereitos culturais daqueles sectores máis novos da sociedade.
Casares manifestou que hai medidas para poder mellorar e aumentar a demanda da cultura en galego: «Fomentar o consumo destes produtos nos centros educativos, impulsar a creación de contidos dixitais en galego en diversas plataformas de redes sociais, axudas na produción e crear algunha plataforma que reúna toda a produción para os nenos son as medidas con maior consenso entre o sector». O sector considera que a subvención directa para a compra destes produtos é unha das accións que menor impacto tería, mentres que sería importante fomentar «·campañas con persoas destacadas do ámbito deportivo, artístico ou dixital».
- El 'paraíso de la desconexión' está a 30 minutos de A Coruña y a solo 2 de la playa: piscina privada, restaurante y apto para mascotas
- El 'Caribe Gallego' está a solo una hora de A Coruña: 'poco conocida' y con un paseo marítimo que merece la pena recorrer
- La Ruta del Bakalao encontró un desvío en O Quinto Pino
- El Sporting de Gijón quiere a Pablo Vázquez para reforzar la defensa
- Concentración en A Coruña el jueves 12 para protestar contra las listas de espera en la Sanidad
- La confesión de Manu en Pasapalabra tras ganar: “Me habéis dado la mejor época de mi vida y no la olvidaré nunca”
- El solidario y aplaudido gesto tras ganar el millonario bote en Pasapalabra: 'A Hacienda para fomentar la sanidad pública”
- El informe toxicológico de Paloma Lago no reflejaría sustancias compatibles con una supuesta sumisión química