Premio dos psicólogos galegos á xornalista Carme Villar
Carmen Villar, xornalista de Faro de Vigo, recolleu onte o premio Xoán Vicente Viqueira, que convoca o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, pola súa reportaxe «La comunidad sigue sin tocar techo en el uso de antidepresivos: un 52% más en 10 años». O xurado resaltou a súa abordaxe dunha problemática estrutural como é o modelo de atención á saúde mental, no que se prioriza a abordaxe farmacolóxica en detrimento da intervención psicoterapéutica, dificilmente accesible no sistema público de saúde. «A xornalista propón alternativas sen caer no alarmismo, dando voz a fontes expertas, o que o convirte nun exemplo da función de servizo público do xornalismo», destacan. Ademais, o pianista e escritor James Rhodes recibiu o premio Dolores Llópiz «en recoñecemento a súa contribución á sensibilización sobre os problemas da saúde mental.
- Venden una finca de 1.500m² con casa a reformar y en zona costera por menos de 50.000 euros: a 1 hora de A Coruña
- La mitad de los españoles tiene déficit de vitamina D: síntomas y qué comer para evitarlo
- Víctor Elías se abre en canal y explica por qué decidió denunciar a su madre: 'No aguantaba más
- Rescatado el cuerpo de una mujer en el puerto de Sada
- Estrella Galicia estrena en Arteixo el bastión de su expansión nacional e internacional
- El Deportivo quiere recuperar a Jairo Noriega
- Manu Ferreiro y el Deportivo, en sintonía para renovar su contrato
- El restaurante estaba cerrado por descanso y le dejaron una de las notas más desconsideradas jamás vistas