O Arquivo da Academia Galega sobe a Galiciana as partituras da Banda Garrote

Xabier Garrote Cobelo, herdeiro e organizador da colección documental da agrupación, en activo ata 1963, formaliza a doazón dixital do conxunto

A Banda Garrote, nas festas de Sada. |  Arquivo da Banda Garrote

A Banda Garrote, nas festas de Sada. | Arquivo da Banda Garrote

A Coruña

Entre as composicións que o ponteareán Reveriano Soutullo (1880-1932) asinou co pseudónimo de Rals e a do primeiro himno do Fútbol Club Barcelona hai un elo que pasa por Ortigueira. E agora tamén polo Arquivo da Real Academia Galega. Todas estas partituras forman parte da doazón dixital á institución do arquivo musical da Banda Garrote (ca. 1886-1963) que asinou recentemente Xabier Garrote Cobelo, herdeiro do legado documental da que foi unha das formacións de máis sona dunha comarca de gran tradición musical. Parte deses máis de 6.000 títulos —moitos manuscritos— poden consultarse xa en Galiciana-Arquivo Dixital de Galicia. Tamén Os cadernos do avó, nos que Manuel Garrote Sánchez, segundo director da agrupación, anotou con precisión notarial e pulcritude todo tipo de detalles de case un milleiro de actuacións entre 1909 e 1919.

Co gallo do Día dos Arquivos, que se celebra hoxe, a Real Academia Galega pon o foco nesta nova colección, que estará dispoñible na Rede en aberto.

Tracking Pixel Contents