Arrinca a V Residencia literaria da Cidade da Cultura
Ata o 12 de xullo no Gaiás, impulsa 10 proxectos inéditos de poesía, teatro e narrativa en galego
R.S.
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, acompañado pola directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, deulle onte a benvida ás persoas participantes na V Residencia literaria da Cidade da Cultura. Desde onte, e ata o 12 de xullo, dez escritores emerxentes en lingua galega compartirán un espazo de traballo no Gaiás no que poñer en común inquedanzas e coñecementos para mellorar os seus proxectos inéditos de poesía, teatro, novela e contos.
Anxo M. Lorenzo salientou a diversidade das propostas seleccionadas nesta convocatoria dirixida pola escritora e xestora cultural Eva Mejuto, o cal permite «abrir un interesante diálogo entre xéneros que enriquecerá cada proposta desde unha pluralidade de olladas e prácticas da escrita».
A esta multiplicidade de perspectivas súmase o acompañamento de escritores como a dramaturga, escritora e narradora oral, Premio Nacional de Literatura Dramática en 2023, Paula Carballeira; a xornalista de Prensa Ibérica e escritora galardoada co Premio Nadal de novela en 2022, Inés Martín Rodrigo, e o poeta gañador do Premio de Poesía Joven Miguel Hernández nese mesmo ano, Ismael Ramos. Desde a súa posta en marco, no ano 2021, xa participaron neste programa máis de medio cento de escritores.
- El 88% de los aspirantes a las oposiciones de educación en Galicia, eliminados a la primera
- Caión suma oferta hostelera a su paseo: 'Cogimos el antiguo Asteria con toda la ilusión del mundo
- La empanada de A Coruña que triunfa por su masa y relleno: 'Algunos cogen el coche para venir a por ella
- La coruñesa Vaca Films rueda en Oleiros capítulos de la segunda temporada de ‘Clanes’
- Hijos de Rivera ultima la obra del edificio Comcor y prepara su traslado
- El 'paraíso de la desconexión' está a 30 minutos de A Coruña y a solo 2 de la playa: piscina privada, restaurante y apto para mascotas
- Mercedes Mosquera se despide de Duende: «Llevo entre cajas desde los 9 años»
- El Dépor reedita el dilema de los cuatro ases