Saltar al contenido principalSaltar al pie de página
Espazo Educativo. Bibliotecas

11 centros da provincia da Coruña únense ao Plan de mellora de bibliotecas

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

A Xunta incorpora 26 novos centros ao Plan de mellora de bibliotecas escolares, que supera por primeira vez os 900 participantes. Da provincia da Coruña son 11: CEIP Plurilingüe Labaca (A Coruña), IES Agra de Leborís(A Laracha), CEIP de Arteixo (Arteixo), CRA Ponte da Pedra (Carballo), CEIP Plurilingüe de Nétoma-Razo (Carballo), CEIP de Tabeaio (Carral), CEIP Plurilingüe Vila de Cee (Cee), CEIP de Teixeiro (Curtis), CEIP Francisco López Estrada (Mañón), CEIP de Oza dos Ríos (Oza-Cesuras) y CEIP Ortigueira (Vedra).

O Plan de mellora de bibliotecas escolares é o programa principal do Plan Lía (Lectura, Información e Aprendizaxe), a folla de ruta da Xunta para o fomento de diferentes actividades nestes espazos. Ao seu abeiro, os centros reciben financiamento estable para fondos, para renovar mobiliario e outros equipamentos ou para gastos de funcionamento das bibliotecas. Ademais, os participantes poderán recibir formación específica, así como asesoramento a través do servizo de bibliotecas escolares da Consellería. O programa conta este curso cun orzamento de 1,5 millóns de euros. Este plan dota ás bibliotecas escolares de todo tipo de recursos para estimular o hábito lector e fomentar estes espazos como o corazón dos centros, nos que é posible traballar todas as competencias do currículo educativo desde diferentes perspectivas.

Tracking Pixel Contents