Notable presenza do cinema galego na Seminci
A Semana Internacional de Cine de Valladolid (Seminci) cumpre 70 anos como faro no cinema de autor en España. Nesta edición, ampla representación galega coa longametraxe ‘Golpes’, a película ‘Leo and Lou’; ‘Anoche conquisté Tebas’, o ensaio fílmico ‘La fábrica y el sexo’; unha curta de animación sobre o Lugo romano; e unha curta documental no Iucatán mexicano de Diana Toucedo

Rodaxe da película "Golpes". / JulioVergne
Mar Mato
O cinema galego prosegue a súa andaina e faino nun dos festivais máis relevantes do Estado español. Cara finais de mes, volven os proxectos da Seminci, a Semana Internacional de Cine de Valladolid. Nesta edición, na que cumpre sete décadas, nutrida representación galega. Será alí onde se estree a longametraxe «Golpes», da produtora coruñesa Vaca Films e con Luis Tosar de protagonista.
Neste filme –que é dirixido por Rafael Cobos, coguionista de «Grupo 7» ou «La isla mínima»– asistimos á historia de Migueli, un delincuente dos anos 80 que sae do cárcere. En Sevilla, buscará ter unha nova vida pero antes terá que dar o que podería ser o seu último golpe. O éxito do mesmo dependerá dun policía encargado do caso, Sabino (Luis Tosar) que o coñece moi ben. É o seu irmán. O filme aspira á Espiga de Oro, o máximo galardón do ceretame.
«Leo&Lou», un percorrido por Galicia
Outra película con participación galega na Seminici é «Leo&Lou». A interpretación recae en dous personaxes: a rapaza Leo de dez anos que marcha dun centro de acollida e Lou, un home que quere devolvela ao que el cre que é o seu fogar.
A previsión é que chegue aos cinemas o 7 de novembro deste ano. Veremos na gran pantalla localizacións galegas xa que se rodou en varios puntos da comunidade.
O papel de Leo é de Julia Sulleiro mentres que o de Lou, en Isak Ferriz. No reparto, atopamos a Manuel Manquiña, Marta Larralde ou María Pujalte.
Unha película con dous premios en Venecia
Outra longametraxe de selo galego é «Onte á noite conquistei Tebas» que logrou dous premios no Festival de Venecia deste ano: o Bisato d´Oro ao mellor guion e fotografía.
Inda que o director, Gabriel Azorín, é de Albacete a produción recaiu en parte na galega Filmika Galaika. Presenta en galego, latín e castelán a historia de dous amigos que van ás termas de Bande en Ourense para reflexionar sobre a amizade e a vida nun relato cunha ponte de 2.000 anos.
A película desenvólvese case nunha soa localización, as termas de Bande e os arredores, convertendo a zona de aguas quentes nunha protagonista máis da metraxe.
O Lugo romano, en Valladolid
Na concurrencia galega, tamén hai espazo para a animación, coa curta de David Fidalgo, «Lucus». O autor de curtas de animación como «Homomaquia» ou «Sandwich cat» estrea estes días «Lucus» no Animes de Bucharest, «un festival importante de animación calificador para os Oscar.
Sinala Fidalgo «que ir á Seminci é do mellor porque ademais a obra vai estar na sección internacional de curtas». Será a primeira vez que este director de Lugo acode ao certame vallisoletano.
A protagonista de «Lucus» é unha nena da época romana. «Gústame moito pasear pola muralla. Sempre pensaba que me gustaría facer unha aventura de fantasía ambientada na época romana pero non é unha curtametraxe histórica ao 100%. A protagonista é Augusta que ten unhas visións sobre unha castástrofe. Ela prevé que vai arder Lugo e intenta avisar pero ninguén lle fai caso. Un día unha señora si a escoitará . Será aí onde comece a aventura», explica Fidalgo.
Ademais dos personaxes humanos tamén aparece algún fantástico da mitoloxía galega, en concreto, un gato con cornos (gatipedro). É un guiño á miña anterior curta, «Sandwich Cat», xa que sae o msmo gato pero cun corniño. É un cameo».
De Redondela a México
Outra curta galega na Seminci asínaa a redondelana Diana Toucedo. Titúlase «La historia todavía no conoce mi nombre».Explica a directora galega que «a curta foi realizada no verán de 2023. Fun facer un obradoiro co director Apichatpong Weerasethakul. El acompañounos nun proceso de creación. A idea xiraba ao redor de como non facer películas. Podíase rodar algo nos días do obradoiro».
Por mor dunhas amigas mexicanas que lle falaran da problemática do Tren Maya –unha infraestructura que rodea a península mexicana para conectar os resorts turísticos coas pirámides maias– quixo filmar «que supoñía que unha obra desa envergadura se fixera alí, unha reserva natural en perigo polas obras. Houbo moita polémica e unha problemática medioambiental xigante por destruír quilómetros de selva ao tempo que desprazaba varias comunidades maias».
Outro traballo galego é o da ourensana María Ruido que presenta o ensaio fílmico «La fábrica y el sexo». Na web do festival, sinalan que «é un vídeo-ensaio experimental que remestura» a metraxe de varios arquivos italianos. O fin é propoñer unha reflexión sobre as representacións sexuais explícitas «nos contextos políticos e laborais».
Suscríbete para seguir leyendo
- Julio Llamazares, en A Coruña: «España será normal cuando se hable de la Guerra Civil como un pasaje histórico»
- Fallece un larachés de 36 años en un accidente cerca de Ledoño
- Uno de los planes más esperados de la Navidad regresa a A Coruña
- El portero que saltó a la fama en A Coruña, puso de moda los pantalones largos y acabó su carrera en Sabadell
- Clara González, adiestradora de Arteixo: «En la adolescencia, los perros sienten tanto que a veces olvidan lo aprendido»
- Protesta de taxistas en A Coruña: una caravana para denunciar intrusismo de los VTC
- Fallece un larachés de 36 años en una colisión múltiple cerca de Ledoño
- La Fiscalía recurre la sentencia por la demolición de Casa Carnicero, en Oleiros