Espazo Educativo. Competencia lectora
Novo plan de lectura, escritura e acceso á información da Xunta
A Xunta conta cun novo Plan de lectura, escritura e acceso á información, unha iniciativa que forma parte das liñas previstas no Plan MEGA de mellora educativa de Galicia para o reforzo da competencia lectora, e que vai acompañada do apoio dun equipo de mentoras que se distribuirán por toda a xeografía galega para coordinar, asesorar, acompañar e dar formación neste eido. O plan inclúe a introdución este curso, como novidade, dun tempo mínimo de lectura diaria en Primaria, de entre 20 e 30 minutos. A maiores, tamén se recomenda dedicar un tempo específico á lectura dentro da xornada lectiva en Educación Infantil, ESO e 1º de Bacharelato.
O obxectivo principal é mellorar a competencia lectora e fomentar o pensamento crítico, ademais de impulsar a produción de textos escritos, promover a aprendizaxe en distintos formatos e consolidar as bibliotecas escolares como espazos de recursos clave.
O novo plan conta cunha vixencia de catro cursos escolares, reforzará o traballo que os centros educativos galegos veñen desenvolvendo neste ámbito e estará sometido a un proceso continuo de avaliación e actualización co fin de incorporar as melloras que xurdan froito da experiencia e das recomendacións do equipo de mentores.
- Recta final para la apertura de un gran Gadis en la antigua nave de Caramelo en Agrela
- Forbes' sitúa en A Coruña tres de los cinco mayores patrimonios de España
- Gerard, el aficionado que se mudó a A Coruña por el Deportivo «con una mano delante y otra detrás»: «Me ha dado la vida»
- Burger Manía llega a Arteixo: cuatro días de hamburguesas gourmet
- Arranca en A Coruña tras once años de espera la obra del nuevo mercado y centro de salud de Santa Lucía
- La mayor tienda de alimentación de Marineda City ya tiene fecha de apertura y ofrecerá una gran novedad
- La obra del arquitecto de Riazor que anticipó la ronda de Outeiro
- Así era Dolce Vita, el centro comercial de A Coruña que cerró al abrir Marineda City y que ahora se transformará en Breogán Park