Galicia lidera o ranking estatal con máis bibliotecas escolares
Galicia lidera o ranking estatal con máis bibliotecas escolares en funcionamento, que son «un lugar de referencia do desenvolvemento educativo nos colexios e institutos», segundo o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez. Xogan, ademais, un papel fundamental no reforzo das competencias lingüísticas do alumnado a través do novo Plan de lectura, escritura e acceso á información que o Goberno galego vén de poñer en marcha este curso no marco do Plan MEGA de mellora educativa.
As bibliotecas escolares son lugares de fomento da lectura e tamén de traballo en equipo e de convivencia, xa que están abertos tanto aos estudantes como ás súas familias. A Consellería de Educación leva anos impulsándoas e potenciándoas, tanto con melloras dos seus espazos físicos como coa dotación e renovación de mobiliario e de recursos e partidas para gastos de funcionamento. Así mesmo, os centros teñen a disposición cinco programas diferentes, coa participación de 830 colexios e institutos no Plan de mellora de bibliotecas escolares (Plambe), 458 nos Clubs de Lectura, 240 no Radio na Biblio, 212 en Biblioteca Creativa e 132 en Lectura e Familia. Esta folla de ruta asentada no tempo fai que hoxe, segundo datos do Ministerio de Educación, practicamente a totalidade dos centros (concretamente o 98,2%) conten con espazos bibliotecarios en funcionamento, o que supón 15,7 puntos por riba da media estatal (82,5%).
Ademais, as bibliotecas dos colexios e institutos galegos son as que máis permiten o acceso ás persoas de fóra dos centros. No 62% dos casos están abertas á participación das familias, mentres que a media de España é do 36,3%. E case no 15% dos casos as bibliotecas escolares están abertas a usuarios de fóra da comunidade educativa, cando a media estatal é do 8,5%.
- Julio Llamazares, en A Coruña: «España será normal cuando se hable de la Guerra Civil como un pasaje histórico»
- Fallece un larachés de 36 años en un accidente cerca de Ledoño
- Uno de los planes más esperados de la Navidad regresa a A Coruña
- El portero que saltó a la fama en A Coruña, puso de moda los pantalones largos y acabó su carrera en Sabadell
- Clara González, adiestradora de Arteixo: «En la adolescencia, los perros sienten tanto que a veces olvidan lo aprendido»
- Protesta de taxistas en A Coruña: una caravana para denunciar intrusismo de los VTC
- Fallece un larachés de 36 años en una colisión múltiple cerca de Ledoño
- La Fiscalía recurre la sentencia por la demolición de Casa Carnicero, en Oleiros