Igrexa e empresarios debaten sobre a IA, poñendo as persoas no centro
A Hospedería de San Martiño Pinario acolle o terceiro seminario organizado polo Arcebispado de Santiago centrado no debate ético sobre o uso da intelixencia artificial

Juan Manuel Vieites, María Jesús Lorenzana e monseñor Prieto, onte, na Hospedería de San Martiño Pinario durante o III Seminario Iglesia-Empresarios. | Jesús Prieto
Ana Triñáns
A Hospedería de San Martiño Pinario foi o escenario este venres do III Seminario Iglesia-Empresarios, organizado polo Arcebispado de Santiago e que baixo o epígrafe Ética e IA ¿Cambia o transciende a la persona? reuniu durante a mañá de onte a máis de 200 empresarios, eclesiásticos, académicos, teólogos e filósofos para debater sobre a oportunidade que supón a intelixencia artificial (IA), pero tamén o «debate ético» que ronda o uso desta tecnoloxía e que dende o arcebispado se defende que debe «poñer as persoas no centro».
Neste sentido, o arcebispo de Santiago, monseñor Francisco Prieto, pronunciábase durante o debate La Iglesia y la IA botando man da frase de Terencio: «Nada de lo humano me es ajeno», e recoñecendo tamén diante do auditorio que era «un usuario curioso de la IA» a pesar de defender o valor do «papel en blanco, el lápiz y la goma», e de recalcar a esencia da «experiencia personal y pastoral, que ChatGPT no puede sustituir».
Nesa mesa de diálogo, monseñor Prieto compartiu conversa co teólogo americano Alberto Embry, que ao non poder asistir presencialmente ao seminario enviou un breve vídeo no que facía referencia a que a IA «no reemplaza al ser humano, sino que lo potencia». Xunto a ambos, o sacerdote e profesor Ricardo Mejía abordou o transhumanismo (superación das capacidades físicas e psíquicas), mediante o desenvolvemento da ciencia e a aplicación dos avances tecnolóxicos, e puxo o foco na adolescencia e no seu camiño á trascendencia na procura de «verdad, bondad y belleza», alertando de que «las nuevas tecnologías se hacen pasar por humanidad».
O programa completo
Máis alá desta mesa de debate, na que interviu o arcebispo Francisco Prieto, a xornada desenvolveuse cun segundo diálogo, previo á clausura, do que tomaron parte a filósofa Adela Cortina, a catedrática de Computación Amparo Alonso, a tamén catedrática de Dereito Mercantil Teresa Rodríguez, o catedrático de IA Ulises Cortés, o sacerdote Ricardo Mejía e o doutor en Física e catedrático de IA Senén Barro.
Un debate no que se puxo sobre a mesa o vehículo autónomo para resaltar «el valor de la máquina para mejorar el mundo», en palabras do catedrático Barro. O ex reitor da USC, igual que os seus compañeiros de mesa, pronunciou previamente unha conferencia, titulada Desarrollo de la IA, ¿hacia dónde?, posterior á charla inaugural ofrecida por Adela Cortina, Ética e ideología en la IA.
Teresa Rodríguez de las Heras abordou no III Seminario Iglesia-Empresarios o papel dos gobernos: Gobernanza y modelos regulatorios; un tema no que Amparo Alonso profundizou centrándoo en España (Estrategia española). A ronda matinal de conferencias, previa aos debates, pechouna o catedrático Ulises Cortés baixo o epígrafe Educación, conocimiento, valores.
Tecnoloxía e empresas competitivas
A conselleira de Economía, María Jesús Lorenzana, inaugurou a xornada deste venres, que lle daba continuidade a un primeiro encontro amenizado o xoves co Réquiem de Mozart, interpretado na igrexa de San Martiño Pinario. A conselleira recoñeceu na súa intervención que «o papel económico que ten a tecnoloxía é ilimitado e calquera proxecto que non incorpore a dixitalización nos seus procesos está condenado ao fracaso».
Lorenzana asegurou tamén que «a intelixencia artificial nunca vai substituír a intelixencia humana e sempre será preciso delimitar onde é necesaria a persoa e onde é necesaria a máquina». «A tecnoloxía é un instrumento que ten unha finalidade e nunca podemos perder de vista que está sempre ao noso servizo, non estamos nós ao servizo da tecnoloxía», subliñou a conselleira.
- Accidente mortal en A Coruña: una fallecida al salirse un coche de la calzada en Alfonso Molina
- Mirtha Aranda, repostera de Arteixo: «Me despedí de mi país haciendo 2.000 panetones para mis vecinos»
- Cabalgata de Reyes de 2026 en A Coruña: Consulta aquí el recorrido y el horario
- Así se moverá el Deportivo en el mercado de invierno: una prioridad y muchas necesidades
- Los bomberos de A Coruña rescatan a una persona encerrada en un tendedero
- Así está la clasificación de Segunda: una oportunidad para el Deportivo de recuperar el liderato
- La Xunta extiende a A Coruña y Sada su plan de convertir bajos en vivienda pública
- Prisión provisional para el detenido por matar a un hombre en el parque de Santa Margarita en A Coruña