Google mellora a súa IA, Gemini, que pode conversar en galego ou catalán
A actualización chegada estes días permite facelo dende a ‘app’ | Busca competir na leira mundial e local con ChatGPT, intelixencia artificial que tamén ‘fala’ na lingua de noso

Uso de Gemini 3 en galego. | |
mar mato
As empresas tecnolóxicas atópanse nunha carreira para chegar ao maior número de persoas e, para logralo, entenderon que deben ofrecer os seus servizos en múltiples linguas. Se ChatGPT permite facerlle preguntas en audio en galego e que che responda na mesma lingua tamén de xeito oral; desde esta mesma semana Google súmase ao carro. Vén de anunciar unha nova versión da súa intelixencia artificial Gemini 3 coa que podemos conversar mediante voz en 30 idiomas, incluídos o galego, catalán e éuscaro. Porén hai certas particularidades: pode presentar algúns castelanismos e por omisión o acento soa ás veces a latinoamericano.
Para comezar, a conversa con Gemini 3 de voz a voz debe realizarse a través da app, da aplicación pensada para o móbil. Persoas usuarias que o intentaban onte a través da web —tanto no ordenador como a través do buscador de Google— non o lograban. O único que tiñan disponible era a conversa escrita.
Aquelas persoas que queiran iniciarse deben primeiro descargar a app. Se xa a tiñan con versións anteriores, logo hai que actualizala para ter a última. Unha vez feito isto, hai que fixarse no recadro «Preguntarle a Gemini» ou «Preguntarlle a Gemini». Xusto aí vemos a palabra «pensar» e o símbolo que permite desplegar varias opcións. Se prememos sobre el, atopamos ‘elixe o teu modelo’ con tres posibilidades: rápido (promete responder rapidamente), pensar con 3 Pro (analiza temas complexos) e actualizar a Google AI Plus (con acceso a funcións melloradas e polas que hai que pagar entre 3,99 euros ao mes e 139,99 mensuais).
Fontes de Google consultadas por este xornal indicaron que hai que elixir ‘pensar con 3 Pro’ e premer no símbolo á dereita do micrófono. Nese momento, xa se pode empezar a interaccionar coa IA mediante a nosa voz . Ata agora ChatGPT parecía ser o rei, pero youtubeiros nestes días xa decidiron que o deixou de ser. É o parecer de Raúl Ordóñez ou a canle academIArtificial e Alejavi Rivera.
«O rei morreu. Segues obsesionado con ChatGPG? Utilízalo para o correo, para dúbidas, para todo. Pode que sexa normal porque foi a ferramenta que popularizou a IA e é moi coñecida. Pero (...) cambiaron as regras do xogo», sinala Raúl Ordóñez. «Deixa o que usabas ata agora como un xoguete antigo», engade no seu YouTube.
Nel, sinala que no test da humanidade (con preguntas destinadas a que erre a intelixencia artificial xerativa) logrou unha nota do 32,5% de acertos fronte ao 26,5% de ChatGPT 5.1. «Noto que o modelo é máis rápido no razoamento. Din que entende a intención, os matices e contexto profundo de vídeos, audio e todo tipo de contido. Permítelle razoar ao nivel de doctorandos universitarios», apunta o experto.
No seu caso, fixo fotos do libro de receitas da súa nai escrito a man. Subiunos a Gemini e pediulle que presentara un libro interactivo que as presentase por categoría. Fixo o mesmo con ChatGPT. Tras sete minutos e pico, Gemini 3 completou o seu traballo: un libro interactivo coas receitas ordenadas e con todos os detalles. Ademais incluía un buscador por ingredientes. Pasados 15 minutos ChatGPT deu erro e non foi capaz de acabar a tarefa.
Suscríbete para seguir leyendo
- Los gallegos guardan 4.000 millones más en sus cuentas bancarias por falta de rentabilidad
- Las 70 plazas del aparcamiento de la estación intermodal para vecinos: estos podrán ser los precios y plazos
- Radiografía de A Coruña: una ciudad envejecida que prevé tener 10.000 vecinos más
- La Xunta pagará 139.000 euros a un alumno de Oleiros que perdió un ojo
- Os Mallos se prepara para despegar: 'Cuando la intermodal esté terminada, esto va a ser el centro
- Jon Karrikaburu vuelve a escena para el Deportivo
- El acceso a Alfonso Molina desde San Cristóbal, en A Coruña, se cortará dos meses desde el martes
- Un octogenario muere atropellado en la salida de la AP-9 hacia A Coruña