Dobre distinción a Fillas de Cassandra nos Premios da Industria Musical de Galicia
O tema ‘Hibernarse’, distinguido como mellor videoclip e identidade visual
A Asociación Galega das Empresas Musicais (AGEM) celebrou onte na sala Capitol de Santiago a gala de entrega dos I Premios da Industria Musical de Galicia, que recoñeceu o labor dos profesionais do sector con un total de 17 galardóns. Dous deses recoñecementos foron para Fillas de Cassandra, dúo que viu recoñecido por partida dobre Hibernarse, como mellor videoclip e identidade visual.
O resto das catorce categorías xerais, seleccionadas por un xurado profesional, premiaron a Feira, de De Ninghures, como mellor producción discográfica; Síntese horizonte, de Guadi Galego, como mellor posta en escena; Diluvio, de Tanxugueiras, como mellor diseño de iluminación; La máquina del buen rollo, de The Rapants, como mellor implementación de son; Xabi Carnota, como mellor profesional de produción; Kin Martínez, como mellor manager; Julio Gómez e Luis Campos, de Sinsalaudio, como mellor promotor / programador; Bring the Noise como mellor proxecto de comunicación polo Resurrection Fest; Vacaline, como mellor empresa proveedora de servizos; Surfing the Lérez, como mellor evento cultural / musical; o Festival de la Luz, como mellor proxecto de sustentabilidade, e a Sala Capitol, como mellor espazo musical.
Na gala, presentada por Tamara García Romero, tamén se entregaron o premio a o artista do ano, que foi para Carlos Ares, e o de persoa do ano, para Francisco Gómez, Gandy. Surfing The Lérez recibiu o premio á excelencia na experiencia do público logrado nunha votación popular.
- Sale a la venta un piso de obra nueva con terraza y vistas a la Ría del Burgo en Culleredo por 242.000 euros
- Los nuevos contenedores orgánicos de A Coruña: cerradura electrónica y factura de 2,35 millones, pero no «inteligentes»
- El Concello de A Coruña da licencia para convertir más de 40 bajos en vivienda en lo que va de año: se alquilan por hasta 2.000 euros
- Santa Cristina vive una segunda juventud: El tardeo y al vermú reactivan la zona
- El grupo coruñés que cocina A Mundiña y el Bernabéu Market: «No queremos que nada disfrace el producto
- O bar familiar da Coruña que leva 55 anos dando de comer ao barrio de Monte Alto: «Teño clientes que me viron polo local desde pequena»
- Una cooperativa de Xuxán, en A Coruña, busca socios para vivir en pisos ‘a la carta’: estas son las condiciones
- Zara publica la guía de viaje de A Coruña a ojos de Martiño Rivas: 'Es una ciudad inventada por el mar