Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Luces e sombras económicas da cultura en Galicia: «A creación de firmas do sector experimenta unha notable mellora»

A celebración do Culturgal, a pasada semana, demostrou a vizosidade dos proxectos culturais galegos. O Consello da Cultura sinala que a creación de firmas culturais aumentou un 14% no último ano en Galicia; o emprego baixou e abondan os empregos autónomos e estacionais. Hai quen paga por actuar

Imaxe do Culturgal, feira da cultura galega, celebrada esta pasada fin de semana en Pontevedra. |  Gustavo Santos

Imaxe do Culturgal, feira da cultura galega, celebrada esta pasada fin de semana en Pontevedra. | Gustavo Santos

Mar Mato

A Coruña

Se a cultura galega entrase no centro de saúde de Atención Primaria para un chequeo, de seguro a doutora lle encargaría unha chea de probas para o diagnóstico. Coa radiografía ou analítica dun só parámetro é imposible coñecer a boa ou a regular saúde da paciente.

O Consello da Cultura Galega vén de publicar o informe Coxuntura Estatística do ámbito cultural e, nel, dependendo do dato no que nos fixemos poderiamos desembocar nunha reflexión ou noutra.Coa analítica nas mans, podemos sorrir ante algunhas boas cifras. En primeiro lugar, houbo unha melloría no nacemento de empresas culturais en Galicia. O Consello da Cultura sinala que «a creación de firmas do sector experimenta unha notable mellora» cun incremento de casi o 15% no último ano.

De novembro de 2023 a outubro de 2024, naceron na comunidade 129 empresas culturais. No periodo de novembro de 2024 a outubro de 2025 viron a luz 148 novas o que supuxo un 14,7% máis respecto do anterior periodo

De novembro de 2023 a outubro de 2024, naceron na comunidade 129 empresas culturais. No periodo de novembro de 2024 a outubro de 2025 viron a luz 148 novas o que supuxo un 14,7% máis respecto do anterior periodo.

Este aumento foi moito maior que o rexistrado no sector empresarial global onde no mesmo espazo temporal o crecemento foi dun 3,3%. É dicir, naceron porcentualmente máis empresas culturais que empresas doutra índole.

Sectores

Os dous sectores que máis novas firmas alumearon foron o da publicidade e estudos de mercado, o das actividades cinematográficas, vídeo e programas así como de edición musical.

Os dous sectores que máis novas firmas alumearon foron o da publicidade e estudos de mercado, o das actividades cinematográficas, vídeo e programas así como de edición musical

Noutros sectores houbo estabilidade sen variacións. Aconteceu no da creación artística e os espectáculos. Porén houbo disminución no segmento de artes gráficas, actividades relacionadas con bibliotecas e radiofonía.

Podemos pensar ante os datos en encargar unha traca de lumes de artificio para celebralo pero a análise doutra cifra a maiores páranos en seco a iniciativa.

Altas na Seguridade Social

Tradúcese o crecemento de firmas en maiores altas á Seguridade Social? Non. Tras consultar os datos do Ministerio da Seguridade Social, o Consello da Cultura conclúe que se mantivo máis ou menos a cifra de compañías inscritas: en setembro deste ano, había 2.063 firmas culturais, só tres máis que en setembro de 2024.

A maiores, vemos que nos últimos doce meses produciuse un serpenteo de altas e baixas como se foran e viñeran cíclicamente polo alto de Puxeiros. No verán, aumentan; noutros meses, minguan. Deste xeito, agosto foi o que logrou o maior número de empresas, 2.115; e xaneiro o que menos (2.009).

Esta variación con altibaixos evidencia que hai unha estacionalidade no traballo do sector cultural. No informe, sinalan: «As artes escénicas inician ciclo ascentedente en abril, acadan o pico en xuño-agosto e corrixen en setembro. A educación cultural sobe no periodo lectivo e cae con forza no verán, reproducindo o calendario escolar. A programación e emisión de TV amosa un salto estival e poecha por riba de comezos de ano».

As afiliacións ás artes escénicas e creación artística máis literaria aumentaron no último ano. En máis de 100 para a primeira; en case 50 na segunda. Tamén creceron na fabricación de instrumentos musicais e fabricación de xoiaría

Inda así as afiliacións ás artes escénicas e creación artística máis literaria aumentaron no último ano. En máis de 100 para a primeira; en case 50 na segunda. Tamén creceron na fabricación de instrumentos musicais e fabricación de xoiaría.

Agora ben a estacionalidade lastra a economía do sector. Non pode haber estabilidade económica nun fogar se non se sabe se haberá ingresos nos vindeiros meses.

O Consello da Cultura tamén sinala que gran parte da creación de emprego é xente autónoma, non asalariada de empresas. Non entra a analizar a precariedade entre a xente que ofrece cultura case sen nada a cambio ou mesmo pagando. É este o caso de moitas e moitos músicos.

O gasto dos fogares galegos en produtos e servizos culturais tampouco é para facer unha festa: unha media de 135 euros por unidade familiar. Con estes datos na cabeza, vemos que a «precarización» da cultura galega segue sendo unha realidade en moitos segmentos e empresas

Pagar por actuar

«A vida é dura e máis para os artistas. A todo o mundo nos encanta escoitar música, por exemplo, pero moitas veces é complicado. Hai que ver como afecta ir tocar por nada. Agora mesmo se vas a unha sala, normalmente paga a banda por tocar, a non ser que che vaia moi ben a noite. Na escena de grupos de salas, acaban tocando como hobby. As salas xa non pagan, as bandas pagan por ter o espazo, porque te leven o son... Moitas veces neses concertos tan pequenos non hai máis de 40 ou 50 persoas» coas que cubrir os gastos», explica Patty Castro, tesoreira da asociación Músicas ao Vivo.

A maiores, o gasto dos fogares galegos en produtos e servizos culturais tampouco é para facer unha festa: unha media de 135 euros por unidade familiar. Con estes datos na cabeza, vemos que a «precarización» da cultura galega segue sendo unha realidade en moitos segmentos e empresas.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents