O oleiro Alberto Lista recolle o Premio de Artesanía de Galicia
Xunto co artesán de Buño, foi galardoado o músico e luthier Antón Corral pola súa traxectoria
O músico e luthier Antón Corral, asentado en Tui, recolleu onte en Compostela o Premio Artesanía de Galicia á traxectoria. No acto, tamén recibiron o Premio Artesanía de Galicia 2025 Alberto Lista, da cerámica de Buño, e o obradoiro de coiro Tres Pés de Campañó (Pontevedra) pola peza colaborativa dun xogo de té en funda de coiro, Nemein. Ademais, Ana Belén Martínez Avelleira, de Casa Atlântica de Redondela, co seu traballo en cestería, logrou unha bolsa Eloy Gesto. As outras dúas foron a parar a Cristina Morales, do obradoiro Vidrieiras Artísticas Cosmo de Vigo e Pablo Sánchez Otero, de A Coruña.
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, e o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, participaron na entrega dos galardóns. González felicitou os premiados e finalistas pola súa capacidade para innovar en materiais e técnicas partindo da tradición, así como o seu labor no marco dun eido artesán que destaca —dixo— como xerador de emprego, vertebrador do territorio e fixador de poboación, especialmente no rural.
Na súa intervención de clausura do acto, o titular de Emprego valorou o traballo tanto dos obradoiros recoñecidos cos Premios Artesanía de Galicia e Traxectoria, como dos que conseguiron as tres bolsas Eloy Gesto —de un total de 4.000 euros cada unha— para investir en formación especializada en centros de referencia. Enmarcounos na longa lista de oficios artesáns en Galicia que se traduce nunha oferta produtiva moi diversificada.
- Consulta aquí los servicios mínimos durante la huelga de transportes de A Coruña
- La empresa tecnológica Trison, con sede en Sada, compra la británica Pioneer Group
- Los nuevos contenedores orgánicos de A Coruña: cerradura electrónica y factura de 2,35 millones, pero no «inteligentes»
- Sale a la venta un piso de obra nueva con terraza y vistas a la Ría del Burgo en Culleredo por 242.000 euros
- La huelga de buses arranca sin servicios mínimos en la estación de A Coruña: 'Llegué y me dijeron que no había servicio
- Arteixo expedienta a una gasolinera por un presunto enganche ilegal a la luz
- Devoción en A Coruña por los dulces de convento en la mayor feria de España: 'El año pasado hicimos una hora de cola
- Cientos de personas se reúnen en A Coruña 'baixo o mesmo paraugas' por el Día Internacional de las Personas con Discapacidad