Cales son as finalistas a Palabra do Ano na iniciativa promovida pola RAG e a Fundación Barrié?
Pódese votar na páxina web do Portal das Palabras até o día 21 de decembro

Participantes nunha foliada no Parque de Santa Margarida, na Coruña. | Casteleiro
‘Desfeita’, ‘foliada’, ‘loia’, ‘lume’, ‘retrinco’ e ‘xenocidio’ son o seis voces que este 2025 optan a converterse en Palabra do Ano, iniciativa promovida pola Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié. A votación abriuse este mércores a través do Portal das Palabras (portaldaspalabras.gal). Todas as persoas que desexen participar nesta iniciativa poderán facelo até o domingo 21 de decembro ás 23.59 horas.
De actualidade nos últimos meses
Tal e como destacan nun comunicado, todos os vocábulos finalistas representan dalgunha maneira distintos asuntos que marcaron a actualidade dos últimos meses, tanto a nivel local como global; e reflicten «a inquietude social ante a crecente vulneración dos dereitos humanos ou a ameaza dos grandes incendios forestais, ademais de dar cabida á necesarias esperanza e alegría».
«Fronte a neoloxismos de previsible vida efémera e os extranjerismos que se multiplican para designar involucións e desastres varios, entre as voces finalistas figura o nome común ‘desfeita’, unha palabra patrimonial comodín que segue estando ben viva na fala», remarcan desde a RAG
«Fronte a neoloxismos de previsible vida efémera e os extranjerismos que se multiplican para designar involucións e desastres varios, entre as voces finalistas figura o nome común ‘desfeita’, unha palabra patrimonial comodín que segue estando ben viva na fala», remarcan.
Termo que remite a Castelao
Un tipo de ‘desfeita’, explican, podería considerarse a proliferación de ‘loias’, loanzas enganosas ou aquilo que unha persona presenta como verdadeiro sabendo que é falso. Igual que a a súa irmá ‘loiadas’, esta palabra adquiriu a acepción neológica que se refire ás informacións falsas divulgadas a través de medios electrónicos, xeralmente co fin de desinformar. Outra das que analizan é ‘retrinco’, que remite a Alfonso Castelao. O rianxeiro empregouna en plural para titular o libro de relatos que publicou por primeira vez en 1934.
O Dicionario defínea como «cada un dos anacos que sobran dunha cousa despois de cortala, en especial dunha tea cando se vai a confeccionar unha peza de roupa» e tamén como «espazo moi breve de tempo».
«Pero na era dos reels e clips, 'retrinco' ben podería emerxer ademais como unha alternativa propia para nomear os pedazos de realidade, verdadeira ou ficticia, que captan a nosa atención a través das pantallas», apuntan.
- 0-1 | Deportivo - Andorra, en directo hoy: partido de la Liga Hypermotion en vivo | Descanso
- Fin a 60 años de banca en la calle Orillamar de A Coruña: el Santander cierra las oficinas que empezaron con el Pastor
- Las cuentas del Deportivo para ascender a Primera División: podría sobrarle una jornada
- Oleiros se queda sin casetas para los socorristas en las playas de Mera, Espiñeiro y Naval
- RC Deportivo - Andorra FC: Riazor busca el primer jaque al ascenso
- 2-1 | El Deportivo se abraza al fuego de Primera División
- Metrovacesa reclama al Ayuntamiento de A Coruña un pacto político como el del parque del Agra para construir en As Percebeiras
- Así son las cuentas del Deportivo para el ascenso a Primera División: gastará su primera bala en Valladolid