Espazo Educativo. Galardóns
A Xunta premia a doce estudantes de ensinanzas artísticas
Unha ducia de estudantes de ensinanzas artísticas veñen de acadar os premios da Xunta de Galicia que recoñecen o seu desempeño excelente. Son galardóns fin de carreira para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores e dos premios extraordinarios na modalidade de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, de danza, e de artes plásticas e deseño. No caso dos galardóns de fin de carreira, recoñecen o labor do alumnado que rematou brillantemente os seus estudos conducentes a unha titulación superior de ensinanzas artísticas no curso 2024/25, nos centros públicos dependentes da Xunta de Galicia. As persoas premiadas reciben unha dotación económica de 3.500 euros e un diploma acreditativo desta distinción, certificando que se trata do estudante que conta co mellor expediente académico de entre os solicitantes. Os premiados son Sophia Fernández, Susana Quintás, Mateo Cabo, María Esther López, Andrea Lafuente e Manuel Muñiz. No que atinxe aos premios extraordinarios, distinguen o traballo do alumnado que finalizou as ensinanzas profesionais de Música, de Danza ou de ciclos formativos de grao superior de Artes Plásticas e Deseño. Son Laura Ros, Anxo Gómez, Mateo Rey, Samuel López, Mar González e Carlota Cao.
- Los gallegos guardan 4.000 millones más en sus cuentas bancarias por falta de rentabilidad
- La Xunta pagará 139.000 euros a un alumno de Oleiros que perdió un ojo
- Jon Karrikaburu vuelve a escena para el Deportivo
- Las 70 plazas del aparcamiento de la estación intermodal para vecinos: estos podrán ser los precios y plazos
- Radiografía de A Coruña: una ciudad envejecida que prevé tener 10.000 vecinos más
- El Deportivo firma a Riki libre para junio y el Albacete se cierra en banda a venderlo ahora
- Feijóo saca pecho de A Coruña: “Tiene una de las las mejores cervezas de Europa"
- Los taxis de A Coruña cortarán Alfonso Molina para manifestarse contra los VTC