Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Xosé Miranda recibe en Santiago o XXIII Premio de Poesía Afundación

Santiago

Xosé Miranda, gañador do XXIII Premio de Poesía Afundación pola súa obra As torres abolidas, recibiu o seu recoñecemento no día de onte, no Centro Abanca Obra Social de Santiago de Compostela, nunha gala na que tamén presentou o seu poemario. A este acto de celebración da poesía galega asistiron o director xerente de Afundación, Pedro Otero; o director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; o presidente do Centro PEN Galicia, Luís González Tosar, e o gañador da XXIII edición do Premio de Poesía Afundación, Xosé Miranda.

O premio, convocado por Afundación, a Obra Social de Abanca, co patrocinio da Xunta e a colaboración do Centro PEN de Galicia, foi outorgado a Miranda —entre as 44 obras inéditas presentadas— pola súa obra As torres abolidas.

En palabras do xurado , a obra gañadora presenta «un traballo poético cuxo tratamento da nosa mitoloxía, con lucidez e acerto, o eleva ao nivel das mitoloxías clásicas».

Tracking Pixel Contents