Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O torneiro galego Aitor Martínez, Premio Nacional de Artesanía

A Coruña

A cerimonia de entrega dos XVIII Premios Nacionais de Artesanía 2025 tivo onte a dous artesáns galegos galardoados. Aitor Martínez López de Arbina (Tomiño), especializado en tornería de madeira, resultou gañador na categoría Produto e a Fundación Artesanía de Galicia obtivo o recoñecemento na categoría Promociona para Entidades Públicas polo seu proxecto Artesanía no Prato.

Ademais, a artesá Sandra Vilas, do obradoiro Boina Galega (Santiago de Compostela) resultou finalista na categoría Emprendemento.

O torneiro Aitor Martínez López de Arbina recolleu o seu Premio Produto 2025 pola súa colección Mundos, un traballo que o xurado cualificou de «grande sensibilidade técnica e potente visión conceptual».

O seu traballo baséase na utilización da materia prima sustentable e coa trazabilidade documentada a través da ferramenta Fortra coa idea de poñer en valor a orixe e a materia da que se dispón no territorio, segundo destacou nunha nota a Xunta.

Na mesma, lembra que no ano 2024 Aitor xa resultara gañador do Premio Joven Promesa do Círculo Fortuny. Ademais, foi finalista do Premio Artesanía de Galicia 2024 e tamén do Premio Produto.

O director xeral de Comercio e Consumo e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia recolleron o Premio Promociona para Entidades Públicas polo proxecto Artesanía no Prato, pioneiro en España e no que se fan converxer artesanía e gastronomía co obxectivo de incrementar a singularidade, a exclusividade e o valor engadido das propostas resultantes.

Trátase do cuarto galardón que recibe a Fundación Artesanía de Galicia nesta categoría, xa que resultou gañadora nos anos 2023, pola iniciativa Corazón da Artesanía.

Tracking Pixel Contents