Amador regresa ao plano nos Ancares
Seis anos tras a estrea de ‘O que arde’, a película en galego máis taquilleira da nosa historia, as cámaras de cinema volven á serra e co actor

O actor Amador Arias, á esquerda, co director Sebastián Uría. / S. U.
m. mato
«Amador é un gran actor. Todos o vimos en O que arde. Pensei que pagaba a pena darlle outra oportunidade e que el ma dera a min», explica o realizador de cinema Sebastián Uría que terá en Adiós ríos a súa estrea coma director de longametraxes.
Amador Arias foi a primeira «peza» deste puzzle de celuloide á que seguiron o convencemento da produtora Tamboura e do equipo técnico. Neste, resalta como responsable da fotografía Ion de Sosa, director de Balearic e director de fotografía de Aro berria ou Ariel.
«Nós pasámoslle o guion do proxecto. Falei con el a través de amigos de amigos. Gustoulle a historia e entrou no proxecto dunha maneira moi fácil. Comenteille que quería gravar en analóxico e el viu o potencial do proxecto. Gustoulle e comezamos», sinala Uría. Adiós ríos poderémola ver no 2026 nun formato clásico de celuloide, o Super 16.
Pero, de que trata o filme? «Contamos —sinala Uría— unha historia coral dunha aldea, dos últimos habitantes dunha aldea nos Ancares do Lugo, en Navia de Suarna». Entre os personaxes, un ha parella de maiores que rexeitan marchar co fillo para Barcelona; un veciño que cae doente e se pecha na casa sen poder coidar dos seus dous cabalos. «Contamos a historia deses dous animais como personaxes reais. Os cabalos non son un decorado. Teñen a súa propia historia», aclara o realizador.
«É a historia da miña aldea [Coro, en Navia de Suarna], na que estiven vivindo os últimos oitos anos. É algo que levo tempo vendo a despoboación do rural. Inda que é un tema que convida á tristura, no filme convidamos á esperanza. Na película, a aldea resiste o tempo. Contamos —engade— as historias de todos eles desde o punto de vista de Eladio, o garda forestal da zona, e que é o personaxe que encarna Amador».
«Pouco a pouco fóronme convencendo de actuar no filme. Sebastián non vía outro nela. A través de Eladio coñecemos as vidas doutras persoas e fixámonos no baleirado da zona. Eladio coida da xente e dos animais, máis do medioambiente. É unha especie de anxo que está polos Ancares», sinala Amador Arias.
O actor recoñece que cando lle entregaron o primeiro guion non calou os seus pensamentos. «Díxenlle ao director que tiña que poñelo a dieta. El reduciuno á metade», comenta. Para dar vida a Eladio, Amador Arias buscou no seu pasado cando era axente forestal na zona. «Eu era un Eladio; ía polas casas, tomaba cafés, axudáballes en todo, mesmo a cubrir os papeis. Axudaba á xente que non podía a cortar a madeira...», recorda.
E nesas lembranzas, a súa voz modula un cambio. A alteración denota un sentimento que nos convida a preguntarlle se o bota de menos: «Si, bótase de menos a xente. Sabías a vida de miles de persoas, de familias, de nenos que ían medrando, que non sabían se estudar, se marchar, se quedar. A xente quere a terra pero non atopa como facela produtiva. Hai un montón de trabas, enfróntanse a unha burocracia terrible. As oficinas quedan lonxe, non están preto desta zona».
Amador expresa con palabras o que moita xente do agro galego pensa: «Os políticos falan de revitalizar o rural pero non hai medios, non hai oficinas (onde informarse de axudas ou plans). É complicado. Parece que non queren que o rural saia adiante».
Para el (que ten preparado un poemario para publicar), a película ten un engado. «Os espectadores que a vexan verán a soidade da xente, de como dependen uns doutros. Os habitantes xa non teñen a ninguén a carón; nin hai cobertura en todos os pobos. Se vas vivir a un pobo destes tes que ser novo e un lince para saberte mover», reflexiona.
Suscríbete para seguir leyendo
- Las primeras dependientas del Zara de Juan Flórez se despiden de la tienda: «Empezamos a vestir a los niños, después a los niños de los niños y después a los nietos de los niños».
- Los vecinos de Seixo Branco, en Oleiros, obligados a pedir vados para evitar problemas en verano
- Diego Maceiras, dueño del único supermercado de Caión: 'Hemos sobrevivido 50 años gracias al verano
- 1-0 | UD Almería - RC Deportivo, en directo hoy: partido de la Liga Hypermotion en vivo | Descanso
- Una de las familias más ricas de Cataluña, casera de la primera tienda de Zara del mundo, en A Coruña
- La hostelería de A Coruña apuesta por la intermodal: 'Si la zona se revaloriza, queremos ser una de las referencias
- Así está la clasificación de Segunda División: gana el Castellón y al Deportivo se aleja del podio de la LIga Hypermotion
- Luz verde a las demoliciones y reformas de la antigua Alu Ibérica de A Coruña, junto a Marineda, para albergar dos nuevas fábricas