Sony ficha á galega Sonia Méndez para levar ao cinema ‘Boulevard’
A directora plasmará nunha película o fenómeno literario mundial xuvenil de Flor M. Salvador | A cineasta, directora de ‘As Neves’, asegura que é unha «honra» o proxecto

Ryan e Mendez. / S. M. / Sony
mar mato
As Neves,o filme galego rodado na Fonsagrada e dirixido pola galega Sonia Méndez, impactou na carteleira española pola especial ollada para captar o mundo adolescente. Nunca antes un filme se fixara unicamente na rapazada dende os seus puntos de vista. Sony tomou nota do traballo da realizadora e encargoulle levar ao cinema Boulevard, a saga de novelas para público xuvenil que se converteu nun fenómeno literario mundial asinado por Flor M. Salvador.
O que se sabe deste proxecto é pouco, só o que Sony Pictures España revelou co tráiler oficial que ten colgado na súa canle de YouTube e o que ten comentado Sonia Méndez nas súas redes sociais. Desde Sony, sinalan que a longametraxe chegará aos cinemas de xeito exclusivo (non comezará polas plataformas) «de toda España no 2026». Na súa canle, indican que «é a adaptación á gran pantalla do fenómeno mundial que namorou a millóns de lectoras».
A historia preséntanos a unha adolescente, Halsey —interpretada por Eve Ryan— que chega a unha nova cidade coa súa nai. No novo destino, descobre a outro adolescente, Luke (Mikel Niso), co que iniciará unha relación de amor. Ela, descubrirá un mundo alleo —mesmo a música de Pink Floyd— e el volverá a sentir que na vida aínda hai sitio para el.
Na súa historia, porén, haberá tamén espiñas. Luke ten un pasado e unha forma de ser para afrontalo que non casa co que se agarda dun mozo do seu ámbito. Algúns dos amigos de Halsey lle aconsellarán que se segue con el cometerá «o maior erro da súa vida».
Dende que o tráiler —coa música do tema mítico de Hoobastank The reason— colgou no YouTube hai nove días, leva xa unhas 270.000 reproducións, o que evidencia o cariño que ten o público polo universo de Boulevard. Este venres, seguía na lista de éxitos en tendencia de películas do YouTube co posto número trece.
Pola súa parte, Sonia Méndez (que tamén dirixira o documental A poeta analfabeta, sobre Luz Fandiño) agradeceu nas súas redes a Sony e Spotlightmedia «confiar» nela e depositar este proxecto nas súas mans. Indicou que é «unha honra» e que a directora de fotografía é a tamén galega Lucía C. Pan.
Suscríbete para seguir leyendo
- Nueva superficie comercial en Oleiros: Arranca la construcción del Lidl de Bastiagueiro
- Espacio Coruña incorpora cuatro empresas y negocia con un nuevo operador de cine tras la marcha de Yelmo
- El auge económico de A Coruña deja atrás a los trabajadores: la subida de los salarios es la mitad que la del PIB
- La borrasca 'Ingrid' azota Galicia: noche de rayos, truenos y viento huracanado en A Coruña
- Una andaluza llega a A Coruña y se indigna con este plato: 'no sé si voy a poder vivir con ello
- El Deportivo busca una nueva marca proveedora de camisetas
- Detenido en A Coruña uno de los fugitivos más buscados de España
- Todo Galicia en alerta: la Aemet avisa de la llegada del temporal más duro del invierno