O universo de Casares en videoxogo
Con motivo do 25 aniversario da publicación de ‘Un polbo xigante’, de Carlos Casares, nove equipos deseñaron nunha semana videoxogos en galego que reinterpretan esta obra do autor. Con esta iniciativa, a Fundación Carlos Casares explora as novas linguaxes e a creatividade da mocidade
c. S. / R. S.
Conflúen no relato a historia dun cativo que un día é testemuña dun suceso impactante, pois nos seus ollos queda gravado como un polbo xigante arrastra o criado Nicolás cara o fondo do mar, para que fique con el para sempre; pero tamén se atopa a historia da vella Delfina, que conta que o pillabán do Nicolás só foi a unha festa, atraído pola música e animado por un xastre disfrazado de polbo. Mais din que as apariencias enganan, ou non. É o imaxinario que garda o conto Un polbo xigante, obra de Carlos Casares que este ano acadou o seu 25 aniversario e que vén de converterse en protagonista dunha serie de videoxogos creados especificamente para renderlle homenaxe.
Na procura de novas formas de creación cultural entre a mocidade e xuventude, e con especial atención á dinamización da lingua galega en novos eidos e perspectivas, a Fundación Carlos Casares organizou este mes unha Game Jam patrocinada pola Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e da Coruña, cuxo tema foi o universo narrativo e literario da obra de Carlos Casares.Coa participación dun total de 18 persoas, foron nove os videoxogos que se presentaron no marco desta iniciativa e que exploraron o relato Un polbo xigante, achegando novas reinterpretacións e historias que o xurado descubriu como «extraordinariamente creativas».
Baixo o título Dende o galego, con humor, nesta edición de Game Jam, foron seleccionados tres dos videoxogos deseñados como gañadores. Integrado por Antía Roig, Alba Barbadillo e Eduardo Rodríguez, o equipo creador do videoxogo Augardentía foi o que se levou o primeiro premio, destacando os seus deseñadores que «unha primeira xuntanza serviunos para localizar a historia orixinal e desbarrar un pouco sobre as interpretacións múltiples do texto, todo un descubrimento para nós». Neste videoxogo, feito en Godot, o xogador encarna un capitán de pesca chamado O Sentulo, fillo do Lobo Negro de Bueu, quen nas longas madrugadas sen lúa captura nas súas nasas seres inimaxinables. Armado coa súa botella de augardente, busca topar co monstro que lle levou o pai nunha noite de ardentía.
O segundo premio recaeu en Álvaro Ezequiel Martos, Andrea Victoria Salgado e Manuel Sanjurjo, por Un polbo xigante: Lembranzas dende o tren, no que o usuario mediante clics do rato prosegue a historia orixinal coa interacción de mecánicas xogables a modo de minixogos e cun apartado visual excepcional. O terceiro galardón foi para Carolina Fernández e Jacobo Pérez, por Lusdeghás, programado en Ren’Py a modo de pequena novela visual. Os seus creadores sinalaron que «o fascinante relato de Casares ofrecía moitas cordas das que tirar» e tamén afirmaron que «o feito de que fose en galego» foi unha motivación extra para participar neste Game Jam.
Suscríbete para seguir leyendo
- Los gallegos guardan 4.000 millones más en sus cuentas bancarias por falta de rentabilidad
- La Xunta pagará 139.000 euros a un alumno de Oleiros que perdió un ojo
- Jon Karrikaburu vuelve a escena para el Deportivo
- Las 70 plazas del aparcamiento de la estación intermodal para vecinos: estos podrán ser los precios y plazos
- Radiografía de A Coruña: una ciudad envejecida que prevé tener 10.000 vecinos más
- El Deportivo firma a Riki libre para junio y el Albacete se cierra en banda a venderlo ahora
- Feijóo saca pecho de A Coruña: “Tiene una de las las mejores cervezas de Europa"
- Los taxis de A Coruña cortarán Alfonso Molina para manifestarse contra los VTC