Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Resumo de 2025: ‘Sirat’ conquista Cannes e corre cara Hollywood

Premios para o cinema galego en Venecia e Gijón

Sirat, de Oliver Laxe

Sirat, de Oliver Laxe / MOVISTAR PLUS+

Mar Mato

Sirat, a cuarta longametraxe do galego Oliver Laxe, está a ser a película española do ano grazas á súa proxección internacional. Logrou enfiar a carreira aos Óscar onde parte aspirando a ser finalista en cinco modalidades, entre elas, a da Mellor Película Estranxeira.

Ademais, a cinta, que ten detrás á produtora dos Almodóvar, é finalista plena para os Globos de Oro en dúas seccións: Mellor Película de Fala non inglesa e Mellor Banda Sonora. Sirat non só convenceu aos críticos e xente do cinema nos Estados Unidos, en España e Francia foi todo un fenómeno nas salas dos cinemas ao colleitar máis de 500.000 espectadores españois e máis de 700.000 en Francia. O filme segue sumando: vano ver en 85 países do mundo.

Sirat iniciou o seu periplo no Festival de Cannes onde gañou o Premio do Xurado, así como o galardón á mellor banda sonora e a Palm Dog para as dúas cadelas-actrices do filme.

O animador e director coruñés Alberto Vázquez apunta a outro camiño de éxito tras o Goya de Unicorn Wars. A longametraxe Decorado xa gañou nos premios Forqué, ademais de obter unha mención especial do xurado en Austin, o premio especial do xurado en Animation Is Film de Los Ángeles e o premio á mellor película de animación para Días de Cine. Os premios Goya agardan por este filme. Outro triunfo foi o de Onte á noite conquistei Tebas, rodada en Galicia, nas termas de Bande. Alcanzou o Bisato d’Oro ao mellor guion e á mellor fotografía no Festival de Venecia.

Tracking Pixel Contents