A Real Academia Galega inaugura un espazo dedicado a Begoña Caamaño
A institución crea na súa páxina web unha sección que rinde homenaxe á autora nada en Vigo á que se lle adica o Día das Letras Galegas deste ano

Imaxe do arquivo persoal de Begoña Caamaño. | | REAL ACADEMIA GALEGA
A Real Academia Galega (RAG) inaugurou este xoves na súa páxina web as Letras Galegas de Begoña Caamaño (Vigo, 1964 – Santiago de Compostela, 2014), un espazo sobre a autora á que lle dedica as Letras Galegas 2026 e no que non só se pode ver a súa biografía, que asina a académica Ana Romaní, senón que, co tempo, a sección irase nutrindo con novos contidos divulgativos arredor dunha creadora que elaborou unha singular revisión dos mitos literarios no desexo de interpelar o seu tempo e que emerxeu como narradora partindo das preguntas que se facía como xornalista.
Begoña Caamaño realizou unha «soberbia achega á literatura galega, pondo o foco na fundamental achega feminina ao seu pulo», resume o presidente da RAG, Henrique Monteagudo, no artigo de apertura do seu ano. Monteagudo confía en que as súas Letras Galegas, «tributo debido e oportuno», contribúan á «merecida difusión popular» da súa narrativa, mais tamén da «exemplar traxectoria como periodista defensora da información veraz, en tempos en que a comunicación social está intoxicada pola divulgación de loias que espallan o odio, a intolerancia e a confusión». «A voz e a luz de Begoña Caamaño tinxirán de azul o Día das Letras Galegas 2026», conclúe.
A sección de Begoña Caamaño ofrece tamén na súa estrea unha escolma de fotos do arquivo persoal da homenaxeada e de fontes diversas, e comeza unha serie de entrevistas e reportaxes cunha conversa con María Xesús Nogueira. A crítica literaria foi unha das primeiras estudosas que afondou na narrativa dunha escritora que debutou tardiamente, aos 45 anos de idade, e cuxa carreira se veu truncada polo seu prematuro falecemento.
- Una andaluza llega a A Coruña y se indigna con este plato: 'no sé si voy a poder vivir con ello
- Nueva superficie comercial en Oleiros: Arranca la construcción del Lidl de Bastiagueiro
- El auge económico de A Coruña deja atrás a los trabajadores: la subida de los salarios es la mitad que la del PIB
- A Maestranza de A Coruña: de suelo público a viviendas de lujo en diez años
- A Coruña es la ciudad gallega que mejor superó el bache económico del covid: multiplicó por cinco la distancia con Vigo
- El Deportivo busca una nueva marca proveedora de camisetas
- El concursante coruñés de Operación Triunfo Tinho actuará en Riazor antes del partido y en el descanso del Deportivo - Racing de Santander
- El Deportivo traspasa al ariete Rubén Fernández al Valencia