Catro promesas da interpretación galega
‘Rondallas’ foi a terceira película máis taquilleira no arranque do 2026. Nela, atopamos os galegos Judith Fernández e Fer Fraga. Xunto a Daniel Loureiro (’Rapa’) e Nuno Gallego (’Olympo’) son catro novas promesas da interpretación galega con menos de 30 anos, pero cun pé nalgunhas das últimas producións máis exitosas en España e no mundo

Dende a dereita: Fer Fraga e Judith Fernández, Daría Loureiro e Nuno Gallego. / Marta G. Brea / Jaime Olmedo / Netflix
Mar Mato
Unha nova fornada de actores e actrices galegos despuntan nas nas pequenas e grandes pantallas. Forman unha nova xeración –menos de 30 anos de idade– refrendada polo éxito das súas series ou películas nas plataformas. «Rapa», «Olympo», «Élite», «Clanes», «Las hijas de la criada», «Rondallas», «Animal» ou «Sigue mi voz» son algunhas das producións onde os podemos ver. Eliximos a catro intérpretes que tiveron no 2025 un formidable ano para seguirlles a pista neste 2026: Darío Loureiro, Fer Fraga, Judith Fernández e Nuno Gallego.
Nuno Gallego
Este ourensán –sobriño da actriz Miriam Gallego e formado na RESAD de Madrid, onde superou as probas conseguindo unha das 14 prazas de formación– cumprirá 25 anos ao longo do 2026. Comezou en «UPA» (2022) e despuntou na serie «Élite» cuxa rodaxe compaxinou coa de «Clanes». Na primeira tempada desta, interpretou a Marco, un mozo sobriño de narcotraficantes cuxa xuventude lle fai meter a zoca en numerosas ocasións e complicar a trama. Gallego continuará na segunda entrega da serie que se agarda para este ano trala gravación dos novos episodios no anterior.
Os últimos seis meses do 2025 foron unha apoteose para el: papel secundario forte na longametraxe «Sigue mi voz» e papel protagonista coral na serie «Olympo». Esta última seguía a preparación nun centro de alto rendemento deportivo de varios deportistas de elite. Nuno daba vida a Cristian Delallave. A serie foi a produción non anglófona máis vista a nivel mundial na súa primeira semana de estrea en Netflix. Durante máis dun mes, estivo no Top 10 Global. Porén, a plataforma anunciou que non habería nova tempada.
O pasado outono, foi un dos personaxes principais da longametraxe «Sigue mi voz». Ademais, formou parte –inda que cun papel pequeno– doutro éxito da plataforma, «Animal», que tamén foi a serie máis vista en España durante semanas e unha das máis vistas en varios países.
Nesta historia sobre un veterinario rural nunha tenda de mascotas urbana, coincidiu no elenco con Fer Fraga e Darío Loureiro.
Darío Loureiro
Este enxeñeiro e actor interpreta en «Animal» a un veterinario novo que namora da protagonista. O 2025 foi formidable para el: logrou o Premio Mestre Mateo á mellor interpretación masculina protagonista polo seu papel de investigador-asistente do personaxe de Cámara en «Rapa». Con ese rol, deixounos admiradas ante o seu bo facer actoral. Ademais, no verán, comezou a rodaxe de Marusía», unha serie de Telecinco no que se investiga un suicidio nunha escola naval. Neste 2026, cumpre 29 anos.
Fer Fraga
Natural dunha aldea de Sanxenxo (soprará 27 candeas), logrou un papel protagonista nunha das últimas producións do Centro Dramático Nacional, «Los de ahí». En total, foron 44 funcións durante sete semanas de aplausos no María Guerrero de Madrid, dando vida a Nuno, un supervivinte, estranxeiro, orfo, que xunto a outros mozos reparte paquetes.
Ademais, vén de estrear o filme «Mala influencia» onde dá vida a un adolescente de clase alta; mentres que tamén actuou en «Rapa» e «Animal». Porén, onde está namorando ao público é en «Rondallas». A estrea da película, rodada en Galicia, foi o 1 de xaneiro e na súa primeira semana foi a terceira película más taquilleira en España.
«O importante para construir un personaxe son as relacións, as relacións que constrúe un cun mesmo e coa entorna. O director, Daniel Sánchez Arévalo, propuxo un espazo para propoñer, para buscar. Como actor, se tes esa oportunidade ves que todo vai sobre a seda porque non apreta, non fai dano», sinala Fraga que fai unha interpretación impecable.
Para el, ademais, a vila d´A Guarda tivo moito peso. «Fixemos moita familia alí. Saíamos da rodaxe e iamos á mesma panadaría, iamos a adestrar, a cenar xuntos».
O seu papel é o dun mozo músico con moito talento que volta de Estados Unidos ao seu pobo. A doenza mental está presente: autolesiónase. «Un nunca sabe nas escuridades no que está o de enfronte. Cando estamos en etapas máis escuras, intentamos que non se note. Por iso, hai que ir tranquilo coa xente que te rodea: nunca sabes o inferno polo que está pasando», sinala a este xornal.
Judith fernández
A actriz de Corcubión (A Coruña), que fará 25 anos, é Elena en «Entrepreneurs», Clara en «Las hijas de la criada» (a mellor estrea de Atresplayer nos últimos tres anos) e Andrea en «Rondallas». Nesta última interpreta unha moza gaiteira e vendedora de pan que perdeu o seu pai mariñeiro nun naufraxio. Borda o papel cunha matrícula de honra.
«A miña mellor amiga da infancia perdeu o seu pai aos 16 anos. Entón, estiven con ela en todo o proceso pero tivemos unha boa conversa, falando durante horas. Hai unha frase que digo na película que ela me dixo: ‘Teño medo de esquecer a voz de meu pai’. Ela tivo que poñer vídeos de seu pai para non olvidala. Pareceume bonito e pareceume unha homenaxe a ela. Inspireime nela para este personaxe», explica a este xornal a actriz.
Recoñece que nin ela nin Fer Fraga tocaban a frauta ou a gaita antes de «Rondallas» nin coñecían o concepto de rondalla. «Estivemos desde maio con clases particulares co noso profesor Darío e con Paco, que fai de Paco na película. Toda a rondalla nos axudou. Alguén nos dícía nos primeiros ensaios: ‘Isto non vai saír’», sinala a actriz que lle parecen «increíbles» as rondallas. «Gústanos a comunidade. A rondalla representa todo o que nos gusta», conclúe.
Suscríbete para seguir leyendo
- Las primeras dependientas del Zara de Juan Flórez se despiden de la tienda: «Empezamos a vestir a los niños, después a los niños de los niños y después a los nietos de los niños»
- Así está la clasificación de Segunda División: gana el Castellón y al Deportivo se aleja del podio de la LIga Hypermotion
- Los vecinos de Seixo Branco, en Oleiros, obligados a pedir vados para evitar problemas en verano
- Todas las claves del fichaje de Riki por el Deportivo: calma tensa a la espera de un movimiento del Albacete
- Sonia García (24 años), camarera coruñesa, opta a ganar el Concurso Camarero del Año: 'Espero dejar a Galicia en la mejor posición
- Luz verde a las demoliciones y reformas de la antigua Alu Ibérica de A Coruña, junto a Marineda, para albergar dos nuevas fábricas
- Pandiani regresa a los banquillos del fútbol español
- Diego Maceiras, dueño del único supermercado de Caión: 'Hemos sobrevivido 50 años gracias al verano