Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

«Tiña curiosidade por captar os instantes que son fugaces»

Foi tamén a primeira concelleira e correspondente do ‘Faro’ na Guarda

Tini Andrés, coa Guarda 
de fondo.  |  T. A.

Tini Andrés, coa Guarda de fondo. | T. A.

m. Mato

A Coruña

«Ao ir vivir a New Jersey, atopeime con aquel xoguete (a cámara Super8), unha tecnoloxía que aquí non existía. En España, só existían como grandes almacéns El Corte Inglés en Madrid. Inda non o había en Vigo. Tampouco as mulleres de New Jersey gravaban en Super8. Eu tiña curiosidade por captar os instante que son fugaces e non se repiten», sinala Tini Andrés.

Foi a primeira correspondente do ‘Faro’ na Guarda.

Ao empezar a buscar levei a sorpresa de que fun pioneira de varias cousas. Non lembro exactamente cando comecei. Eu paseille a testemuña a Ricardo Rodríguez, quedou no meu lugar. Eu marchaba a Madrid por razóns profesionais.

Vin a súa curta, ‘Bowery NY’ e paréceme boísima.

Que va! Eu era supernovata. Collimos a cámara super8 pero non sabiamos que había que estar quedas para gravar. O que fixen foi un travelling de coche. Dábame pudor gravar a xente. É a súa intimidade.

Nunca tivo a tentación de amosar a obra?

Non, era unha actividade moi persoal, non tiña que ver co mundo da cinematografía. Eu amoseilla a Xurxo Chirro tras ler un artigo del sobre o cinema na Guarda. Non había ningunha muller e díxenlle que aquel traballo estaba incompleto. Si non fora por iso, esta película nunha vería a luz.

Tracking Pixel Contents