Unha guía pioneira para preservar os Entroidos galegos
Dende os boteiros de Viana do Bolo e de Mormentelos ata os xenerais da Ulla, pasando polas mázcaras de Manzaneda e polos clásicos peliqueiros ou cigarróns, os docentes Alba de Evan, Xabier Domínguez e Iria Prol documentan uns 40 Entroidos galegos e curiosidades sobre esta celebración ancestral en Galicia

Xabier, Alba e Iria cun exemplar da guía. | Cedidas
Carolina Sertal
Envolto en panos de cores, fermosas xoias e coroado cunha crista do máis fachendosa, cando chega o Entroido, a figura do galo é a gran protagonista dos festexos en San Pedro da Mezquita, parroquia do municipio ourensán da Merca. Porén, a só un par de concellos de distancia, en Riós, con rostro humano, perilla de la, orellas de abano e cunha coroa ben distinta, erguida neste caso con vimbios e fitas de cores, o rei destas festas é o denominado vellarrón. Sen esquecerse dos clásicos cigarróns, peliqueiros ou as pantallas, os docentes Xabier Domínguez, Alba de Evan e Iria Prol lanzaron hai escasos meses a Guía ilustrada do Entroido galego na que documentan máis de 40 celebracións co obxectivo de preservar este patrimonio inmaterial tan arraigado na comunidade.
Con gran meticulosidade, tanto os autores dos textos como a ilustradora, Iria Prol, abordaron todas as aristas desta celebración ancestral en Galicia recopilando na publicación dende os personaxes típicos de cada un dos Entroidos seleccionados e os seus traxes característicos, así como tradicións habituais nestes festexos e a duración dos mesmos. O libro divulgativo, editado por Xerais, contempla tamén curiosidades como que en Galicia son celebrados máis de 175 Entroidos tradicionais en máis de 200 localidades, que a referencia máis antiga á festa é un documento achado no mosteiro de Ramirás que xa mencionaba o «introido» no século XIII ou que a comunidade galega pode presumir de festexar o Entroido máis longo de toda Europa, o de Xinzo de Limia, que se prolonga cinco fins de semana continuadas.

Ilustracións dunha pantalla de Xinzo e dun boteiro de Viana do Bolo. / .
«Nós somos de Vilar de Barrio, estamos nese triángulo máxico entre Laza, Xinzo e Maceda, e vivimos moito o Entroido dende cativos. Eramos conscientes de que se nos alonxabamos da zona, descoñeciamos outro tipo de festexos, polo que a idea do libro nace por aí: queriamos facer un libro divulgativo para todas as idades e representar algunhas das celebracións», explica Xabier Domínguez, quen engade que a selección das manifestacións culturais a incluír non foi nada doada, pois apunta que «veñen recollidos máis de 40, algúns foron recuperados recentemente e levan menos tempo que outros que deixamos fóra, pero guiámonos pola intuición e tamén pola intención de poñer en valor festividades que non son as máis típicas».
Neste senso, Xabier Domínguez fai referencia á dificultade do proceso de documentación, pois indica que «é unha temática moi estudada, pero da que non hai moita bibliografía, polo que nalgúns casos tivemos que botar man de asociacións que están facendo un importante traballo de recuperación destas tradicións. Recuperados, na actualidade, haberá máis ou menos uns 50 ou 60, pero moitos desapareceron porque eran do rural e coa despoboación foron perdéndose».
Dende Vilar de Barrio, en plena Limia, para toda Galicia, esta guía pioneira que pretende preservar os «Entroidos» galegos e servir de referencia para crianzas e adultos é, na opinión de Domínguez, «un bo libro para coñecer e valorar o noso patrimonio inmaterial, porque o que non se coñece non se valora. É unha boa ferramente para os colexios, porque é moi visual, pero tamén é un bo libro para casa», conclúe.
Suscríbete para seguir leyendo
- Una tala marca el inicio de los trabajos en la futura urbanización de A Xunqueira, en Oleiros
- El Concello de A Coruña ordena al dueño de un edificio de las galerías de la Marina tomar 'medidas urgentes' ante la caída de piezas a la calle
- La huelga de bus de A Coruña se iniciará este miércoles al no haber acuerdo entre sindicatos
- El año en blanco de Lucas Pérez y el punto de no retorno: rechazo al Leganés y de nuevo en el mercado
- Doble protesta de transporte en A Coruña este miércoles: huelga indefinida de bus y paro de algunos maquinistas
- El precio de la camiseta de Zara de Bad Bunny en la Super Bowl, por las nubes en las plataformas de segunda mano
- El tiempo en A Coruña: lluvia y una alerta roja a la vista
- Cándido Hermida: “De ebanista soy casi maestro; de empresario sigo siendo un aprendiz”