O Land Rober Tunai Show ofrece esta noite o último programa da temporada. Antes das merecidas vacacións de verán, Os Xubilados volveranse tolos hoxe nunha celebración inédita: as súas vodas de ouro. Desta vez, Concha e Manolo festexan un día do máis especial. Recibirán sorpresas ao longo desta divertida cerimonia, en que haberá algún que outro convidado especial.

Nesta ocasión especial visita o Land Rober a explosiva Ylenia, personaxe mediático que alcanzou altas cotas de popularidade coa participación en diversos realities e a coa súa incursión no mundo da música. Ylenia virá buscar o amor nunha nova entrega de Primeiras citas e tamén participará no célebre xogo Que me estás contando?, que será unha revolución porque contará con Eva e Touriñán.

Ademais, resolveranse os problemas amorosos do público do programa. Os mellores momentos agardan aos espectadores neste último programa da temporada con Vilar, Xosé Touriñán e Iglesias.