O programa A Revista estará hoxe nunha escola da Lavacolla, onde se celebra unha carreira solidaria contra a leucemia infantil. O colexio Xixirei participa un ano máis neste acto solidario. E seguindo co eido do deporte, o espazo da Televisión de Galicia (TVG) estará en directo nunhas xornadas de deporte adaptado, con motivo do Día Nacional do Dano Cerebral. Desde os xardíns de Méndez Núñez, na Coruña, estarán abertas para todo o mundo e amosarán que todos podemos practicar fútbol ou baloncesto, sen importar as nosas condicións.

De volta no estudio, falarase do trastorno de hiperactividade (TDH). Para afondar nisto, falarán con Loli Gómez a psicóloga Rosa Cascallar e o pedágogo Jorge Arturo Allende. Ademais, Rosa Márquez, nai dun neno con TDH, contará a súa experiencia.